Cn Travel

O DOGA recolle as resolucións e os formularios de solicitude para cada un do tres colectivos aos que se orienta o programa: jóves, familias con fillos menores de idade e maiores de 55 anos

As estadías comezarán en marzo deste ano para meses fóra da tempada estival

A Xunta de Galicia presentou de maneira oficial o programa Elixe Galicia que permitirá que 13 mil galegos de diferentes colectivos poidan gozar dunha estancia vacacional en Galicia a un custo reducido. Dirixido a mozos menores de 30 anos, familias con fillos menores de idade e pensionistas maiores de 55 anos para os meses fóra da tempada estival, a Xunta de Galicia financia o 40% destas estancias, que permitirán visitar a Comunidade en distintos itinerarios: Vacacións en zonas costeiras, Rutas de Patrimonio Cultural, Rutas de Natureza e Estadías en Balnearios.

Os interesados teñen un prazo dun mes para presentar a súa solicitude telemáticamente ou a través de calquera axencia de viaxes da Comunidade. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou a iniciativa na que a Xunta inviste 1,4 millóns de euros e coa que pretende mobilizar máis de 3,4 millóns de euros no sector turístico da Comunidade apostando pola calidade e a desestacionalización da oferta. No acto de presentación do programa estivo acompañado por Nava Castro, directora de Axénciaa Turismo de Galicia; Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, e José Ramón Fernández, director xeral de Cntravel, a empresa galega adxudicataria do deseño e xestión do programa.

O titular de Cultura e Turismo explicou que este programa permitirá seguir avanzando no modelo turístico polo que aposta o Goberno galego, á vez que “favorecerá a creación de emprego de calidade”, pois están implicadas entre 70 e 90 empresas galegas, e permitirá a dinamización económica de áreas rurais, estimulando a actividade turística en tempada media e baixa, e mellorando o coñecemento de Galicia por parte dos propios galegos. “Cremos que este programa poderá consolidarse como unha ferramenta crave para seguir dando pasos adiante na nosa folla de ruta”, subliñou Román Rodríguez.

O presidente do Clúster destacño na súa intervención a importancia de que siga crecendo o peso do mercado interno para que os galegos podamos seguir “presumindo de Galicia”: “pero aínda máis importante que o crecemento do mercado interno, que xa supón o 25% do total, é que esa subida se produza principalmente na tempada media e baixa, contribuíndo á tan ansiada desestacionalización que xa é unha realidade para Galicia”.

Sorteo e adxudicación de prazas
Os interesados teñen un mes, desde o día de hoxe até o 3 de marzo, para presentar as súas solicitudes de maneira telemático a través dos modelos normalizados incluídos na convocatoria en función de se se trata de mozos menores de 30 anos, familias con nenos ou pensionistas maiores de 55 anos. Ademais, poderán acudir a calquera axencia de viaxes da Comunidade para recibir información e asesoramento á hora de cumprimentar os impresos necesarios.

Na solicitude deberán escoller unha modalidade do catro dispoñibles e un período de entre o tres ofertados neste 2020, que se iniciarán tras a Semana Santa e até 20 de xuño e que se retomarán, tras o verán, a partir do 11 de setembro e durante os meses seguintes. As viaxes realizaranse, maioritariamente, durante os fins de semana. Unha porcentaxe das prazas estará reservada a familias numerosas, persoas con discapacidade ou con baixos ingresos, algo que deberán especificar na súa solicitude. Os períodos exclúen os meses do verán e a Semana Santa co obxectivo de fomentar a actividade turística fose da tempada alta.

Posteriormente, a asignación das prazas realizarase por sorteo atendendo aos distintos colectivos, modalidades e tempadas. Unha vez realizado o sorteo publicarase a resolución do mesmo entre finais do mes de marzo e comezos do mes de abril e os interesados deberán abonar o 20% da cantidade asignada en calquera axencia de viaxes nun prazo de tres días hábiles para formalizar a súa solicitude. A totalidade da praza deberá completarse 60 días antes do día fixado para o comezo da experiencia e, no caso das persoas que non resulten beneficiarias do sorteo, formarán parte dunha lista de espera e terán a posibilidade de optar a prazas non cubertas polos beneficiarios xestionándoo directamente coas axencias de viaxes comercializadoras.

04 de Febreiro de 2020

Aberta a convocatoria para solicitar praza no programa Elixe Galicia para o fomento do turismo interno

O DOGA recolle as resolucións e os formularios de solicitude para cada un do tres colectivos aos que se orienta o programa: jóves, familias con fillos […]
14 de Maio de 2018

O Clúster de Turismo de Galicia convida o sector a participar na creación de novos produtos turísticos para promocionalos a través da marca Galicia Destino Activo

O Clúster de turismo de Galicia, mediante a marca GALICIA DESTINO ACTIVO, busca involucrar a todas as empresas turísticas do territorio galego nas súas accións para […]
19 de Outubro de 2016

Turoperadores descobren as potencialidades de Galicia como destino de turismo activo a través dun fam trip

Un total de 30 turoperadores galegos tiveron a oportunidade de descubrir unha mínima parte das enormes potencialidades de Galicia como destino de turismo activo a través […]
16 de Xullo de 2016

Axencias de viaxe de Galicia e Madrid coñecen o operativo de CN Travel a Madeira

O turoperador galego CN Travel reuniu a máis de 250 axentes de viaxes de Madrid e Galicia co obxectivo de dar a coñecer o operativo co […]