A presenza de Costa da Morte non se fixo esperar este ano en Fitur, concentrándose na primeira xornada con tres presentacións agrupadas e a posta de longo oficial do Gran Fondo Ézaro, unha cicloturista que percorre a Costa da Morte e finaliza nos 1,8 quilómetros de Ézaro e que xa se asentou no calendario nacional e internacional e que se celebrará o próximo 7 de xullo co obxectivo de reunir a 1400 cicloturistas.
A primeira presentación correu a cargo de Costa da Morte Asociación Turística ( CMAT), dedicada ao patrimonio inmaterial da Costa da Morte coa presentación de paquetes turísticos especializados. Seguiulle a presentación da próxima edición da Feira do Encaixe de Camariñas, o Camiño a Fisterra e Muxía (a través da entidade Solpor e o seu presidente, Jesús Picallo), e Turismo Rural Muxía Natural que deron a coñecer as súas propostas sobre as lendas das Pedras da Barca.
24 de Xaneiro de 2019

Costa da Morte aposta polo patrimonio e o turismo deportivo en Fitur

A presenza de Costa da Morte non se fixo esperar este ano en Fitur, concentrándose na primeira xornada con tres presentacións agrupadas e a posta de […]
30 de Abril de 2018

A Xunta acorda a sinatura de convenios con seis entidades para a diversificación dos produtos turísticos galegos

Os convenios supoñen un investimento de 1,3 millóns de euros que beneficiarán a 81 municipios das áreas de Costa da Morte, Terras de Pontevedra, Ribeira Sacra, […]
15 de Novembro de 2017

A segunda edición de Fairway abordou de forma global e transversal o fenómeno do Camiño de Santiago reunindo aos axentes e profesionais que traballan ao redor das súas rutas

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia viviu do 12 ao martes 14 un evento que sumou congreso, feira e workshop con turoperadores internacionais A […]