Clúster Turismo de Galicia

O III Forum e Congreso do Camiño de Santiago pechou portas con satisfacción xeneralizada entre público e organización, que destacou o incremento tanto en expositores como en público participante e encontros profesionais realizados. A Feira especializada no Camiño de Santiago, que se celebrou en Santiago de Compostela, consolídase así na súa terceira edición como un punto de encontro necesario para a promoción internacional do Camiño de Santiago.

Case 2000 encontros profesionais con 35 empresas procedentes de 15 países desenvolvéronse ao longo do workshop da feira, no que participaron un máis dun centenar de empresas que ofertaron os seus servizos. Ademais, a feira de completou con máis dun centenar de expositores e un congreso no que participaron case medio centenar de relatores. Todo iso veñen demostrar o interese polo Camiño de Santiago e a consolidación de Fairway que conseguiu reunir a numerosos actores implicados na promoción, conservación e comercialización do Camiño de Santiago.

Unha vez máis, o Clúster Turismo de Galicia tamén estivo presente na feira, como o fixo nas dúas edicións anteriores, a través dunha caseta no que se ofreceu información sobre á entidade e os produtos desenvolvidos, ademais de apoiar ás empresas e entidades asociadas que tamén estiveron presentes na feira como a Asociación de Guías de Galicia , Agalber, Asnauga, Solpor ou CMAT.

Tamén houbo espazo para a formación, no espazo Academy, onde se desenvolveron relatorios en torno á mercadotecnia turística e a reputación en liña. Así mesmo, o Forum do Camiño consolídase na súa terceira edición como o marco idóneo para presentar novos proxectos e produtos turísticos, tanto públicos como privados, vinculados á Ruta Xacobea, ben sexan produtos consolidados ou en potencia, a través do programa Invest, unha iniciativa que naceu nesta edición de Fairway co desexo de fomentar o emprendimiento. Gato Studio, unha empresa coruñesa, foi a que logrou facerse cos 5.000 euros de premio que se entregaba ao proxecto gañador.

14 de Febreiro de 2019

A 3ª edición de Fairway conclúe cun incremento de contactos, público e superficie expositiva e consolídase como un espazo necesario para a promoción internacional do Camiño de Santiago

O III Forum e Congreso do Camiño de Santiago pechou portas con satisfacción xeneralizada entre público e organización, que destacou o incremento tanto en expositores como […]
08 de Febreiro de 2019

Apertura de contactos profesionais con Miami e Nova York no marco da viaxe institucional da Xunta

A delegación galega, na que estivo o Clúster Turismo de Galicia, participou nunha decena de encontros profesionais orientados especiamente ao sector do contract e o turismo […]
04 de Febreiro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara xa a súa nova misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín

O mercado alemán segue sendo un dos máis importantes para a oferta turística galega Con Malaisia como pais convidado, Berlin prepárase xa para a próxima edición […]
02 de Febreiro de 2019

Empresarios galegos abren vías de comercialización con Escocia no marco da Experience Galicia en Glasgow

Coincidindo con clausura do festival Celtic Connections que este ano ten a Galicia como territorio invitado, unha ducia de empresarios galegos desprazáronse a Reino Unido Turismo […]