Clúster Turismo de Galicia

As previsións de ocupación en agosto situaríanse entre o 85% ao 90% no conxunto do territorio cun bo comportamento da rendibilidade

A falta de coñecer os datos definitivos do mes de agosto facilitados polo INE, o sector turístico galego avanza un primeiro balance moi positivo en canto ao comportamento nos meses de xullo e agosto no noso territorio. A pesar de que a inestabilidade meteorolóxica que marcou o mes de xullo e o arranque de agosto, os datos foron máis positivos do esperado, á vez que agosto foi un mes que cumpriu expectativas.

Con carácter previo, o sector fixouse como fito igualar cifras do ano pasado coa vista posta nunhas previsións meteorolóxicas que non eran as máis positivas para os primeiros compases do verán. Finalmente, a ocupación do mes de xullo en Galicia oscilou en cifras en torno ao 65% en destinos urbanos, marcando cifras moi similares ás de xullo de 2017 e mellorando as cifras de viaxeiros e pernoitas en todas as modalidades de aloxamento. Así, Galicia encabezou o crecemento turístico de España en xullo, con máis de 675.000 viaxeiros e 1,7 millóns de pernoctas entre aloxamento hostaleiro e extrahotelero. Estas cifras supoñen que o noso territorio recibiu case un 7% máis de viaxeiros que en xullo do ano pasado marcando a mellor cifra de viaxeiros e ocupación de España só por detrás de Asturias.

Pola súa banda, a ocupación do mes de agosto, a falta de cifras oficiais, espérase que se sitúe en números similares aos do ano precedente, concretamente no arco do 85-90% con excelentes resultados en territorios como as Rías Baixas e a Ribeira Sacra, que posiblemente marcase o seu mellor agosto desde que se fai seguimento. No caso do turismo rural, a ocupación este verán melloraría respecto ao ano pasado, situándose nunha franxa entre o 40 e o 60%, segundo as fontes consultadas.

Galicia tamén consegue mellorar no seu conxunto na estadía media, aínda que con diferenzas, segundo a tipoloxía de establecementos, incrementándose nos extrahoteleiros. En xullo a estadía media nos aloxamentos galegos medrou preto dun punto porcentual, acumulando, segundo a Xunta, catro anos consecutivos de melloría neste indicador durante o mes de xullo.

Respecto da procedencia dos turistas, o mercado nacional segue sendo maioritario, arredor ao 80% do total aínda que se observa un comportamento positivo en termos xerais do turismo internacional, especialmente en destinos como Compostela, onde supón máis do 40% do total. Cabe destacar tamén que, segundo os datos do INE, aumentou tanto o número de turistas españois como estranxeiros, sendo o incremento entre estes últimos máis intenso coa chegada dun 11 % máis que en xullo do ano pasado.

Por destinos urbanos, A Coruña marcou un bo verán e con taxas de ocupación por riba do 70% en xullo e de case 90% en agosto, cun importante incremento de viaxeiros respecto ao ano pasado ao tempo en que melloraron o número de pernoctas, máis de 119 mil noites este mes, a cifra máis elevada da serie histórica de xullo. Tamén mellorou rendibilidade, igual que Santiago de Compostela, onde o verán estivo marcado por un comportamento moi estable tanto no mes de xullo como en agosto, situándose arredor do ao 65% en xullo e do 75% en agosto. O mercado nacional representa un 57% da total fronte ao 43% restante de orixe internacional. En Ferrol detectouse un lixeiro incremento na ocupación situándose en torno ao 65% en xullo e 80% en agosto, e mellorando cifras de viaxeiros e pernoctas en xullo cunha lixeira caída dos prezos de aproximadamente un 10%.

Cifras históricas na Ribeira Sacra

Con case 29 mil noites, Lugo marca o seu mellor mes de xullo da cifra histórica, mellorando as cifras do ano pasado tanto en viaxeiros e pernoctas e mellorando en estadía media e en tarifas hostaleiras, o que redunda en mellorar a rendibilidade, alcadando os 31 euros de RevPar. En agosto mellorou cifras de ocupación, xa que se en xullo roldaron o 75% en agosto estiveron en torno ao 90%. No conxunto da provincia de Lugo a ocupación hostaleira en agosto situouse nunha media dun 88 % de ocupación sendo a Ribeira Sacra a zona da provincia con máis visitantes, cunha media dun 95 % de ocupación. Lugo Centro logrou un 94,82 %, A Mariña estivo ao 91,5 %, a Terra Chá chegou a unha media do 83,75 % e A Montaña quedou no 75 %.

Oursense cidade, pola súa banda, rompeu en xullo as cifras do ano de 2017 e 2018 con máis de 22 mil noites, o que supón a mellor cifra dun mes de xullo do últimos dez anos nun contexto de mellora en rendibilidade superando os 33 euros de RevPAR. En agosto a ocupación foi superior ao 90% o que tamén supuxo un lixeiro incremento de prezos e de rendibilidade. Na Ribeira Sacra ourensá a ocupación roldou cifras próximas ao 95%.

Con máis de 100 mil pernoctaciones, Vigo marca un comportamento positivo no mes de xullo a pesar de non incrementar o número total de viaxeiros, marcando unha ocupación final en torno ao 70% en xullo mentres que no mes de agosto situaríase en torno ao 85%. Con todo, o incremento no número de noites e, por tanto a estancia media, permítenlle marcar un mes de xullo en positivo, cun incremento de tarifas e, por tanto de rendibilidade de seis puntos conseguindo mellorar nada menos que nun 17% o RevPAR que se sitúa en 52 euros de ingreso medio por habitación dispoñible.

Na cidade de Pontevedra creceu levemente tanto a chegada de viaxeiros como as pernoitas, un 4,5% e un 2,7% respectivamente, o que sitúan á cidade en 29 mil pernoctas, unha das mellores cifras no últimos cinco anos cun comportamento homoxéneneo entre os dous mercados, nacional, que supón o 76% da demanda, e estranxeiro nun contexto de crecemento da oferta e dunha ocupación de case o 70% e unha media de ocupación dun 86%. Sanxenxo mantivo a súa ocupación en torno ao 90% en xullo e agosto, aínda que a inestabilidade meteorolóxica incidiu posiblemente en que caese lixeiramente o consumo aínda que o municipio conseguiu manter os baremos de anos anteriores mentre que o Grove rexistrou unha ocupación media dun 87%.

Finalmente na provincia de Pontevedra, no seu conxunto, observouse un incremento da ocupación respecto ao ano anterior, sendo as expectativas altas tras un mes de xullo que superara as cifras do ano anterior. Así, no conxunto da provincia a ocupación situouse no 83%, lixeiramente inferior á do mesmo período do 2018.. Do mesmo xeito que a ocupación, os prezos tamén experimentaron un cambio, neste caso de aproximadamente un 5% máis respecto ao verán do ano anterior. En canto ao turismo rural, a media situouse nun 84% en toda a provincia. Para o mes de setembro, está previsto que se alcance unha media do 51 % para toda a comarca, segundo os datos achegados pola Deputación de Pontevedra.

10 de Setembro de 2019

Galicia supera con nota un verán de tempo inestable ao que o sector turístico galego soubo sacarlle bos resultados

As previsións de ocupación en agosto situaríanse entre o 85% ao 90% no conxunto do territorio cun bo comportamento da rendibilidade A falta de coñecer os […]
05 de Agosto de 2019
Inauguracion Lorient

O Clúster de Turismo de Galicia presente no Festival Intercéltico de Lorient para promocionar a súa calidade como destino

A 49ª edición do “Festival Interceltique de Lorient” (Francia), que arrancou o pasado 2 de agosto para celebrar a tradición das nacións celtas, conta este ano […]
15 de Xullo de 2019

A captación do mercado de proximidade e a intervención de operadores turísticos que coñezan o territorio, conclusións das xornadas impulsadas polo GDR Condado Paradanta

Durante tres sesións, 17 expertos e profesionais da mercadotecnia, a comercialización e o desenvolvemento turísticos han abordado os retos de dinamización de zonas rurais en Galicia […]
05 de Xullo de 2019

A oferta turística gallega estará presente no Festival Intercéltico de Lorient

No marco da celebración do Année da Galice (Ano de Galicia) na 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, que terá lugar do día 2 ao […]