Asociación Balnearios de Galicia

Promovido por Expourense e a súa marca Termatalia, a Asociación de Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense co apoio do Clúster de Turismo de Galicia e da Axencia de Turismo de Galicia

Presentouse antes axencias de viaxes e medios de comunicación do Norte de Portugal, un mercado estratéxico para o turismo galego

A Loja Interactiva Welcome Center de Porto, en Portugal, acolleu a presentación da iniciativa “Un descanso nos Camiños” nun acto ao que acudiron axencias de viaxes, empresas do sector turístico e medios de comunicación do Norte de Portugal. Trátase dun proxecto conxunto promovido por Expourense e a súa marca Termatalia, a Asociación de Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense que no marco do concurso de ideas promovido polo Clúster Turismo Galicia lanza un produto turístico-termal que inclúe estancias nos balnearios galegos dos distintos Camiños de Santiago.

“Un descanso nos Camiños” ten o obxectivo de incidir no aspecto da comercialización deste produto, de modo que beneficie non só ás empresas do sector termal de Galicia, se non a outras empresas e actividades turísticas da oferta complementaria, facilitando a súa integración ante diferentes canles, priorizando o mercado de proximidade tanto en España como Norte de Portugal.

A presentación de Porto obedece á procura dos seus promotores por impulsar o proxecto no Norte de Portugal, un mercado estratéxico para Galicia, para buscar oportunidades de traballo e poder vender como destino conxunto tanto a Galicia como ao Norte de Portugal, de face á celebración do Xacobeo 2021 xa que o proxecto está orientado a peregrinos, pero tamén ao resto de viaxeiros interesados por Galicia.

Na presentación desta tarde, na que participaron a directora de Termatalia e conselleira do Clúster de Turismo de Galicia, Emma González; o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor; o cogerente da empresa de servizos turísticos Autoxiro, Emilio Cuíñas, e o representante de Turismo Porto e Norte, Joao Sabino, distribuíuse o folleto promocional co resumo do proxecto, os promotores e participantes e a referencia á páxina web onde axencias como público interesado pode acceder á información detallada tanto dos balnearios como das experiencias creadas. Este folleto tamén estará presente nos eventos e feiras de promoción nos que participe o Clúster de Turismo de Galicia.

Esta presentación é a segunda das accións de execución do proxecto. A primeira tivo lugar no marco de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar e consistiu na organización dun Workshop e Fam trip centrado nos produtos turísticos orientados ao Camiño de Santiago baseados na oferta de Balnearios de Galicia.

25 de Outubro de 2019

O proxecto turístico termal “Un descanso nos Camiños” preséntase en Porto

Promovido por Expourense e a súa marca Termatalia, a Asociación de Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense co apoio […]
23 de Setembro de 2019

Unha trintena de empresas participan na presentación do proxecto “Un descanos nos camiños”

A presentación tivo lugar no marco de Termatalia no marco da cal se desenvolveu o primeiro workshop de desenvolvemento de produtos turísticos vinculando termalismo e Camiño […]
17 de Outubro de 2018

Galicia recibe un fam trip de empresarios de golf británicos para coñecer a súa oferta deportiva e termal

Sete representantes de clubs de golf de Londres visitan até o sábado as instalacións e a oferta dalgúns dos clubs e aloxamentos incluídos dentro dos paquetes […]
05 de Setembro de 2018

Nace Celtic Spain Golf&Wellness para atraer a Galicia ao turista británico amante do golf

Impulsada polo sector privado co apoio de Turismo de Galicia, a iniciativa pretende dar a coñecer Galicia como destino ideal para a práctica deportiva do golf […]