Froito dun un convenio entre o Consorcio As Mariñas e Turismo de Galicia, a denominada Ruta do Impresionismo está a chamada a converterse en 2017 nun recurso máis que engadir ao catálogo de atractivos turísticos desta comarca. Neste sentido o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, asegurou que esta ruta ten un gran potencial turístico para esta zona e destacou que se postula para converterse en Itinerario Cultural Europeo en 2017.
A ruta está centrada en destacar a obra do artista coruñés Francisco Lloréns como pintor das Mariñas e un dos paisajistas de referenica da historia da arte do século XX en Galicia, cun peso específico nesta comarca, grazas ás paisaxes que pintou da ponte da Pasaxe, Oleiros, Sada, Betanzos, Mera ou Ou Pedrido. A través da súa obra, a Ruta Impresionista destaca o valor natural, paisaxístico, cultural e turístico deste enclave, colaborando de forma indirecta a xerar un novo atractivo turístico da zona cun alto nivel desestacionalizador.
A través da web impresionismodasmarinas.com os visitantes poderán ampliar o seu coñecemento sobre a vida e obra deste ilustre pintor, e mesmo poderán achegar as súas propias fotografías para seguir enriquecendo a web coas paisaxes das Mariñas.