A primeira reunión do comité asesor de Sportur Galicia, o II Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrará en Expourense en novembro trouxo como novidade a ampliación dun día máis no programa de actividades. Así, a feira celebrarase do 15 ao 17 de novembro de 2018, incrementando o seu carácter profesional e servindo de antesala da Carreira Popular de San Martiño (domingo 18). Nesta reunión foi presentada a nova edición a unha quincena de representantes relacionados co turismo e o deporte de entidades públicas e privadas, empresas e federacións deportivas de Galicia.
Ademais, a feira se desarrrollará entre semana, de xoves a sábado (en lugar de venres a domingo como a anterior), o que permitirá reforzar as accións de negocio e, ao mesmo tempo, servir de escaparate para o deporte escolar. Sportur Galicia será este ano tamén punto de recollida dos dorsais da Carreira de San Martiño.
A segunda edición do Salón do Deporte e Turismo Activo dividirase de novo en tres áreas. A primeira delas dedicada á exposición comercial de produtos e servizos e á promoción de destino turístico. A segunda estará centrada nas exhibicións deportivas e que verá ampliado o espazo debido á alta demanda da primeira edición. A última destas áreas será a profesional que inclúe a organización de workshops con operadores de turismo e un programa de conferencias e mesas de traballo nas que se coñecerán modelos de éxito aplicados noutros territorios e que aúnan o esforzo e a colaboración entre distintos axentes do ámbito público, o privado e as federacións para promover a explotación adecuada e sustentable dos recursos naturais. Este é o caso, por exemplo, da cinexética ou a pesca deportiva que, ademais, están moi vinculadas ao turismo rural.