Turismo Sostenible

  • As formacións gratuítas acollen diversas temáticas vinculadas ao sector que comezarán o vindeiro cinco de setembro.

O “proxecto Anfitrións do Turismo”, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo, enmárcase dentro das “Directrices xerais da estratexia de turismo sostible de España 2030”. En concreto, no eixo estratéxico 4, ‘Espazo turístico, empresas e persoas’, a liña de actuación ‘Promover unha maior calidade do emprego turístico’, considera que os prestadores de servizos turísticos son a chave do éxito de empresas e destinos turísticos.

 

Segundo informa a Secretaría de Estado de Turismo, estes cursos deseñáronse co obxectivo de “achegar aos profesionais do sector as claves das últimas tendencias do turismo” e para iso propoñen unha oferta flexible, en liña e gratuíta con máis de 60 accións formativas con temáticas como a economía circular, o turismo sostible, a ciberseguridade, xestión de residuos ou estratexias de aforro de custos, entre outras.

 

O programa diríxese a profesionais de tódolos subsectores implicados na actividade turística: técnicos de destino, axentes de desenvolvemento local, persoal de organismos públicos, xestores de destinos, traballadores ou empresas turísticas de aloxamento, restauración, axencias de viaxes, transporte turístico, etc.

 

Animámoste a participar nalgunha das formacións que comezan en setembro e recordámosche que tes plena liberdade para realizalas dentro do prazo marcado, para inscribirte preme no seguinte enlace: Cursos formación programa anfitriones.

20 de Agosto de 2024

Volven os cursos de formación gratuítos impartidos pola Secretaria de Estado de Turismo

As formacións gratuítas acollen diversas temáticas vinculadas ao sector que comezarán o vindeiro cinco de setembro. O “proxecto Anfitrións do Turismo”, promovido pola Secretaría de Estado […]
12 de Agosto de 2024

‘Tan sostible como’, a nova campaña do Clúster para promocionar a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’

A campaña estenderase ata o 30 de novembro de 2024. Unha landing web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual, sorteos semanais e […]
06 de Agosto de 2024

Aberta a convocatoria gratuíta de cursos de formación do Pacto Mundial da ONU

As formacións gratuítas impartidas neste verán contan con temáticas estratéxicas en sostibilidade empresarial. A Open Academy Spain é unha plataforma de formación gratuíta impulsada polo Pacto […]
23 de Xullo de 2024

Consellos para un verán circular nos establecementos aloxativos

As tres R: reducir, reutilizar e reciclar, son as tres claves dun verán perfecto nos aloxamentos. A chegada do verán supón un aumento de turistas na […]