Turismo Sostenible

  • O obxectivo é dar apoio aos asociados no tocante á comunicación das empresas para poñer en valor os seus esforzos para ser cada vez máis sostibles, chegando ás persoas concienciadas que buscan realizar un turismo responsable.
  • A formación, gratuíta, vai dirixida a tódalas empresas adheridas ao Club Galicia Destino Sostible.
  • As inscricións están abertas ata o 14 de novembro.

 

A iniciativa Galicia Destino Sostible ofrece unha formación en comunicación da sostibilidade a todas aquelas empresas que forman parte do Club. A través desta, os asociados terán a oportunidade de coñecer as claves para achegar aos turistas o desempeño ambiental da empresa. Esta formación potencia as habilidades de comunicación e o foco sostible para mellorar o grao de satisfacción e a relación das empresas cos turistas que visitan Galicia. Falarase sobre a importancia das accións ambientais, sociais e de bo goberno de cara a vertebrar unha oferta turística diferenciada pola súa conexión co desenvolvemento sostible.

 

A formación constará de dúas sesións. A primeira, presencial, está aberta ás empresas adheridas ao Club, previa inscrición. Terá lugar o vindeiro 16 de novembro, a partir das 10:00 horas, na sala Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A segunda sesión consistirá nunha formación en liña e persoal, de 2 horas de duración, na que se traballará sobre a realidade de cada empresa. Está dirixida a un máximo de 30 empresas e realizarase entre o 27 de novembro e o 5 de decembro.

 

Esta formación será impartida por Pedro Tasende, xerente da axencia de comunicación Aporta Comunicación e xornalista cunha ampla experiencia en sostibilidade e comunicación corporativa. O programa xeral incorpora cuestións como a identificación de grupos de interese, o enfoque segundo a actividade, os medios de comunicación e a sostibilidade, greenwashing, a importancia da narrativa, comunicación interna e externa, visión estratéxica, plan operativo e boas prácticas. Podes consultar toda a información aquí.

 

Para participar é necesario inscribirse a través desta ligazón antes do 14 de novembro. Na propia páxina poderase indicar se interesa acudir só a formación presencial, ou se tamén se quere participar na formación individualizada. Ten en conta que para participar na segunda sesión, é preciso ter asistido á primeira.

 

Para máis información podes contactar a través do correo info@galicidestinosostible.com ou do teléfono 881 50 51 02.

07 de Novembro de 2023

Galicia Destino Sostible ofrece unha formación en comunicación da sostibilidade ás empresas que forman parte do Club

O obxectivo é dar apoio aos asociados no tocante á comunicación das empresas para poñer en valor os seus esforzos para ser cada vez máis sostibles, […]
24 de Outubro de 2023

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo realizarán un diagnóstico participativo para coñecer a situación do sector en Galicia

Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega. […]
09 de Outubro de 2023

Xornalistas de viaxes de medios nacionais e estranxeiros valoran moi positivamente a iniciativa “Galicia Destino Sostible”

Preto de dez profesionais participaron a semana pasada nun press trip, organizado polo Clúster para dar a coñecer a plataforma. “Galicia Destino Sostible” busca integrar a […]
03 de Outubro de 2023

O Club de Produto de Galicia Destino Sostible suma 9 novas empresas

Eat & Walkabout, Cuñas Davia, Bodegas Martín Códax, Aboamigalla, Pazo de Esposende, Casa dos Ulloa, Rutas Meigas, Restaurante Javier Montero e Hotel Javier Montero son as […]