Turismo Sostenible

  • O encontro terá lugar do 10 ao 12 de maio na illa de San Simón.
  • As inscricións están abertas ata o domingo, 5 de maio.

O II Congreso de Turismo de Observación de Galicia está listo para recibir aos entusiastas da natureza e profesionais do sector os días 10, 11 e 12 de maio na illa de San Simón. Este evento, que se consolidou como un referente no ámbito do ecoturismo, ofrecerá un programa repleto de actividades, relatorios e mesas redondas.

 

Coa participación de destacados expertos como Carlos Saínz, CEO de Bahía de Santander Ecoturismo; Jose Manuel Ortega; CEO de Ojos de Doñana; Ana Vázquez; CEO de Alecrín Ecoturismo e WildGalicia; ou Jose Luis Fernández, presidente de AGETAN e CEO de Amextreme Aventura; o congreso abordará temas como a conservación da contorna natural, o turismo ornitolóxico e o astroturismo.

 

Ademais dos relatorios, os asistentes Terán a oportunidade de participar en actividades paralelas, como saídas en caiac ou talleres de identificación de bolboretas e observación astronómica. O programa completo e as inscricións, abertas ata o domingo 5 de maio, pódense consultar a través desta páxina web.

 

O evento busca promover o desenvolvemento sostible do turismo de observación en Galicia, destacando o potencial da rexión e fomentando a creación de sinerxías entre empresas do sector, axencias de viaxe e comunidades locais. Cunha ampla variedade de actividades e a participación de relatores de renome, o II Congreso de Turismo de Observación de Galicia preséntase como unha oportunidade única para descubrir e gozar da natureza da rexión, mentres se impulsa o crecemento responsable desta importante industria turística.

23 de Abril de 2024

AGETAN organiza o II Congreso de Turismo de Observación de Galicia

O encontro terá lugar do 10 ao 12 de maio na illa de San Simón. As inscricións están abertas ata o domingo, 5 de maio. O […]
09 de Abril de 2024

A Xunta impulsa a calidade e sustentabilidade no turismo galego cun investimento de máis de 570.000 €

O Consello da Xunta informou das diversas actuacións que levarán a cabo para reforzar a calidade e sustentabilidade do destino Galicia. O Consello da Xunta, celebrado […]
02 de Abril de 2024

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ suma dúas novas empresas

Galiwonders e Gran Hotel Los Abetos son as novas empresas que xa forman parte do club ‘Galicia Destino Sostible’. Esta iniciativa conta actualmente con máis de […]
19 de Marzo de 2024

Os establecementos de Turismo Slow Norte de Galicia poderán formar parte de xeito directo do Club de Produto Galicia Destino Sostible

O presidente do Clúster Turismo de Galicia interveu na presentación do acordo entre as Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra para a inclusión de Turismo […]