Turismo Sostenible

  • O comité de avaliación aprobou a incorporación de catro empresas o pasado venres 28 de novembro.
  • Engadíronse oito novas experiencias sostibles á oferta da marca turística, que agora inclúen máis de 190 escapadas sostibles.

 

A marca turística “Galicia Destino Sostible” reforza o seu compromiso co turismo responsable coa incorporación recente de catro novas empresas gallegas: Amar Carril, Vio Viajes, Experiencias del Destino e Hotel El Puente.

 

Ademais, tamén se aprobou a incorporación de oito novas experiencias centradas na sostibilidade e o respecto polo medio ambiente, que se suman ao catálogo xa existente do club. Con estas novas incorporacións, o club de produto continúa a consolidar a súa posición como plataforma líder para o turismo sostible en Galicia, tanto polo número de empresas membro (actualmente máis de 155) como pola variedade e calidade das máis de 190 experiencias turísticas que ofrece, todas elas vinculadas ao respecto pola natureza, a identidade local e o benestar da comunidade.

 

  • Como podo unirme a “Galicia Destino Sostible”?

 

As empresas interesadas en unirse a “Destino Galicia Sostible” poden iniciar o proceso de adhesión a través da páxina web oficial, cumprindo un dos requisitos de elixibilidade ou todos os requisitos obrigatorios e un terzo dos requisitos avaliables. Unha vez aceptadas, poden xestionar as súas experiencias no portal e beneficiarse das vantaxes do club de forma totalmente gratuíta.

 

Desde a súa creación en 2022, impulsado polo Clúster de Turismo de Galicia e financiado pola Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, o club promove unha rede de empresas que apostan pola sostibilidade como valor diferenciador, mostrando unha oferta turística responsable, diversa e en continuo crecemento.

01 de Decembro de 2025

O club de produto “Galicia Destino Sostible” suma catro empresas e oito novas experiencias sostibles

O comité de avaliación aprobou a incorporación de catro empresas o pasado venres 28 de novembro. Engadíronse oito novas experiencias sostibles á oferta da marca turística, […]
14 de Outubro de 2025

61 empresas galegas participan na formación “Accesibilidade Universal para un Turismo Sostible” organizada por “Galicia Destino Sostible”

A sesión abordou como integrar a accesibilidade universal e cognitiva nas empresas turísticas   Un grupo de 61 empresas participou na primeira das dúas sesións da […]
14 de Outubro de 2025

Volven os sorteos de experiencias sostibles coa campaña “+ Galicia, + Sostible”

A segunda onda reforza a promoción do turismo responsable con novos sorteos, influencers e accións dixitais   A campaña “+ Galicia, + Sostible”, impulsada polo Clúster […]
14 de Outubro de 2025

O Observatorio de Sostibilidade Turística avanza no deseño de indicadores para medir e xestionar o turismo

A iniciativa permitirá analizar os fluxos turísticos e orientar a planificación cara a un modelo máis equilibrado e responsable   O Observatorio de Sostibilidade Turística de […]