Santiago, Monforte, Sanxenxo e Vigo foron as cidades que esta semana acolleron as diferentes accións formativas que o Clúster Turismo de Galicia está a desenvolver no marco da súa segunda edición do Plan de Formación orientado a profesionais e directivos do sector turístico galego. En total máis de 70 persoas recibiron estes días formación e mellora das súas capacidades en diferentes ámbitos a través tanto do Programa Superiro de Xestión e Dirección de Empresas, que se imparte en Santiago de Compostela, como nos diferentes talleres e seminarios que se desenvolveron nas outras localidades.

En concreto un total de 26 directivos de diferentes empresas do sector acoden desde esta semana ao programa superior de Xestión e Dirección de Empresas que se desenvolverá ao longo de 60 horas até o próximo 3 de novembro en horario de tarde por parte dun panel de relatores integrado por economistas e avogados con longa experiencia en consultoría e por profesionais de prestixio na xestión de empresas turísticas.

O Hotel Galatea de Sanxenxo, pola súa banda, foi o lugar onde se impartiu o taller sobre como vender ao mellor prezo por parte de Diego Fernández Pérez de Poña, director corporativo da sexta cadea hostaleira de España -Revenue e Distribution, Palladium Hotel Group- e encargado de maximizar os ingresos de aloxamento da súa compañía.

Finalmente Vigo e Monforte acolleron senllos seminarios sobre xestión estratéxica de oito horas de duración repartidas nunha xornada de mañá e tarde. Os profesionais que participan no mesmo, dun perfil directivo, aprenden a analizar o seu a xestión do seu negocio a través do coñecido modelo Canvas, que pivota ao redor da infraestrutura, a oferta, os clientes e as finanzas.

Formación de balde ata novembro

Todo o programa consta de 150 horas formativas, repartidas en diferentes seminarios, talleres e cursos que se están impartindo en localidades do catro provincias. O obxectivo do Clúster Turismo de Galicia é promover unha maior profesionalización do sector e mellorar a súa competitividade.
IFFE Business School encárgase da organización do calendario de actividades, que ten en común o seu carácter presencial e gratuíto para os profesionais do sector dentro do segundo Plan de Formación promovido polo Clúster Turismo de Galicia coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

Todos os cursos que compoñen o Plan de Formación son gratuítos. Os profesionais interesados poden consultar o contido deste taller ou doutras actividades do programa na web: http://www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/

20 de Outubro de 2016

Máis de 70 profesionais do sector turístico melloran capacitacións profesionais a través do Plan de Formación do CTG

Santiago, Monforte, Sanxenxo e Vigo foron as cidades que esta semana acolleron as diferentes accións formativas que o Clúster Turismo de Galicia está a desenvolver no […]
12 de Outubro de 2016

Os hostaleiros do Camiño de Santiago melloran a atención ao cliente coa formación do CSHG

A Escola de Turismo Itinerante de Turismo de Galicia continúa este mes de outubro e novembro mellorando a formación dos hostaleiros do Camiño de Santiago a […]
04 de Outubro de 2016

Máis de 200 profesionais participarán no novo programa de formación do Clúster Turismo de Galicia

O programa inclúe máis de 150 horas de formación orientada a profesionais do sector que se desenvolve en 9 cidades galegas A primeira das xornadas arrinca […]
29 de Setembro de 2016

Máis de 150 horas de formación gratuíta para profesionais da man do noso Plan de Formacion

Co obxectivo de continuar colaborando na mellora das capacidades e cualificaciones profesionais dos perfís directivos do sector turístico galego, o Clúster Turismo de Galicia lanza unha […]