• O prazo conclúe o 30 de setembro ás 23:59 horas

 

Desde o Clúster Turismo de Galicia lembramos que segue aberto o prazo para solicitar as axudas extraordinarias do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dirixidas a establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís danados polos incendios forestais deste verán. A convocatoria finalizará o vindeiro martes, 30 de setembro de 2025, ás 23:59 horas.

 

  • Subvencións de ata o 100% dos danos

 

Estas achegas cobren reparacións ou reposicións en edificacións, instalacións, maquinaria, mercadorías e vehículos vinculados á actividade. O importe máximo establecido é de 600.000 euros por beneficiario, ampliable a 1,5 millóns en casos excepcionais nos que se acredite un forte impacto socioeconómico ou a necesidade de manter emprego.

 

As solicitudes deben presentarse de maneira telemática a través da sede electrónica (código de procedemento IG100A). Poden optar tanto persoas físicas como xurídicas titulares de negocios nas zonas afectadas, coa excepción das explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais.

 

Trátase de axudas complementarias a outras indemnizacións xa existentes, co obxectivo de cubrir o 100% dos danos certificados. O pagamento realizarase nun único pago mediante transferencia bancaria tras a resolución favorable.

22 de Setembro de 2025

Últimos días para solicitar as axudas do Igape a negocios afectados polos incendios

O prazo conclúe o 30 de setembro ás 23:59 horas   Desde o Clúster Turismo de Galicia lembramos que segue aberto o prazo para solicitar as […]
16 de Setembro de 2025

Turismo de Galicia abre a convocatoria de axudas 2025 para a certificación da Q de Calidade e a S de Sustentabilidade

Pódese solicitar ata o 13 de outubro ás 23:59 horas.   A Axencia de Turismo de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de […]
08 de Setembro de 2025

O Igape abre unha liña de axudas para negocios afectados polos incendios forestais

Os establecementos turísticos poden optar a esta subvención   O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) puxo en marcha unha convocatoria de axudas urxentes destinada a […]
08 de Setembro de 2025

Turismo de Galicia activa unha nova liña de axudas para o embelecemento do litoral

Os establecementos poderán solicitar as subvencións entre o 12 de setembro e o 12 de novembro de 2025   A Axencia Turismo de Galicia anunciou unha […]