Máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe adheríronse a este programa, que se prolongará até o 13 de decembro

Algo máis de 10.300 profesionais do colectivo sociosanitario galego solicitaron xa o Bono Turístico #QuedamosenGalicia impulsado pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia, o que supón que en 15 días cubríronse algo máis do 50% das prazas previstas para este programa, pensado para inxectar 5 millóns de euros nas empresas da industria turística, colaborando así na reactivación e fomento do turismo interno e favorecendo a recuperación económica e a creación de emprego tras a crise da covid-19.

De esgotarse este orzamento establecido, uns 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario recibirán un cartón prepago de Abanca con 250 euros de carácter nominativo, que poden empregar até o 13 de decembro nas máis de 320 empresas e produtos adheridos.

Entre as opcións que ofertan aos beneficiarios destacan produtos turísticos ou experiencias que ofrecen un desconto mínimo do 15% sobre o prezo común do servizo, sumando así unha bonificación por parte do propio sector, e compren coas medidas hixiénico-sanitarias adecuadas para garantir a seguridade de traballadores e usuarios. Neste momento son xa 315 os paquetes turísticos incluídos e preto de 200 ofertas rexistradas.

17 de Agosto de 2020

Máis de 10.000 persoas solicitaron xa o bono turístico, cubrindo máis do 50% das prazas ofertadas

Máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe adheríronse a este programa, que se prolongará até o 13 de decembro Algo máis de 10.300 […]
31 de Xullo de 2020

Abanca e Clúster Turismo de Galicia alíanse para ofrecer solucións financeiras adaptadas á situación do sector turístico galego

O banco e a agrupación de entidades do sector turístico renovan a súa colaboración e activan opcións de financiamento adaptadas á situación económica xerada pola crise […]
29 de Xullo de 2020

Os viaxeiros que cheguen a Galicia desde territorios con maior prevalencia da COVID19 terán que comunicar os seus datos ao SERGAS

Co obxectivo de implementar novas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID19, a Xunta de Galicia aprobou unha nova medida que […]
28 de Xullo de 2020

Aberto o prazo de solicitude para os beneficiarios do bono turístico

Os interesados dos ámbitos sanitario e sociosanitario poderán pedilo até o 30 de novembro e a súa concesión realizarase por orde de inscrición e até esgotar […]