Actividades Destacadas

  • Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa son as últimas incorporacións da marca turística.
  • O Club de Produto GDS suma máis de 135 empresas adheridas e 155 experiencias sostibles, e mantense aberto a novas incorporacións.

 

O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” segue a medrar coa incorporación de cinco novas empresas comprometidas co turismo responsable en Galicia. Na última reunión do comité de avaliación, celebrada o pasado 27 de marzo, aprobáronse as adhesións de Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa, reforzando así a aposta por un modelo turístico máis sostible.

 

Con estas incorporacións, o club supera xa as 135 empresas adheridas e ofrece máis de 155 experiencias centradas na sostibilidade, abarcando aloxamentos, adegas, actividades náuticas e turismo en contacto coa natureza.

 

Desde a súa creación en 2022 polo Clúster Turismo de Galicia, co respaldo da Xunta de Galicia, “Galicia Destino Sostible” traballa para posicionar a comunidade como un destino de referencia en turismo sostible. O club promove prácticas que respectan o medio ambiente, a cultura e a sociedade, impulsando ao mesmo tempo o desenvolvemento económico do territorio.

 

Como formar parte de “Galicia Destino Sostible”?

 

As empresas interesadas poden solicitar a súa adhesión a través da web galiciadestinosostible.com. Para formar parte, é necesario cumprir con polo menos un requisito habilitante (como certificacións de sustentabilidade ou pertenza a iniciativas de ecoturismo) ou o 100% dos requisitos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

Unha vez aceptada, a empresa poderá xestionar as súas ofertas desde o portal e acceder ás vantaxes do club de produto de forma gratuíta.

31 de Marzo de 2025

O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” suma cinco novas empresas

Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa son as últimas incorporacións da marca turística. O Club de Produto GDS suma […]
11 de Marzo de 2025

Galicia reforza a súa presenza no mercado alemán tras a súa participación na ITB Berlín 2025

A misión comercial do Clúster estivo conformada por 12 empresas turísticas galegas e pola marca ‘Galicia Destino Sostible’.   O sector turístico galego pechou con éxito […]
03 de Marzo de 2025

Finalizan as dúas xornadas de traballo de Galicia e o Norte de Portugal para debater sobre un destino turístico conxunto

O Clúster Turismo de Galicia organizou para a Eurorrexión, AECT, as mesas de traballo con máis de 90 empresarios galegos e portugueses do sector, que se […]
25 de Febreiro de 2025

O Clúster impulsa a sostibilidade na hostalería colaborando con Hostalería #PorElClima

Os establecementos que se adhiran poderán optar a un bono climático.   O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu compromiso coa sostibilidade a través dunha […]