O Clúster de Turismo xestionará un ano máis o espazo de negocios da caseta que Galicia manterá na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que terá lugar en Madrid, do 22 ao 26 de xaneiro. Dentro do espazo xestionado pola Xunta de Galica porase a disposición dos profesionais do sector turístico galego 12 mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos, previa solicitude.
Neste sentido, habilitouse a conta de correo electrónico fitur@clusterturismogalicia.com para que poidan solicitar reservas de hora para as mesas, indicando a súa empresa e o operador co que se van a reunir. Establecemos franxas de 30 minutos para cada reunión. Ademais, na propia feira, os profesionais terán á súa disposición a dúas persoas que se encargarán da xestión destas citas e o control das mesas.
Presentación do CTG
Ademais de manter unha serie de encontros con entidades, autoridades e profesionais do sector turístico, o Clúster Turismo de Galicia será tamén protagonista dunha das presentacións que se desenvolverán na caseta de Galicia. A presentación do CTG, que se realizará o mércores 22 levará por título “Impulso ao sector turístico en 2019 e perspectivas de futuro”.