Un total de 24 turoperadores bilbainos participaron no workshop de presentación dos produtos de Galicia Destino Activo

ACTIVIDADES

Un total de 24 turoperadores bilbainos participaron no workshop de presentación dos produtos de Galicia Destino Activo

A pesares de dispor de espazos espectaculares para a práctica destes deportes e profesionais altamente cualificados, Galicia non era principalmente recoñecido como destino de turismo activo. Para cambiar esta percepción naceu o club de produto Galicia Destino Activo, que este ano seguiu traballando na creación de novos produtos turísticos e na súa comercialización.

Precisamente con este obxectivo celebrouse a xornada de presentación e networking en Bilbao, no que participou un total de 6 empresas de turismo activo galegas que representaron nove dos 14 produtos de turismo activo creados ao amparo da marca Galicia Destino Activo.

“Galicia Destino Activo funciona como motor impulsor do posicionamento de Galicia como destino de turismo activo, é un proxecto que está en continúo crecemento, que xa aglutina 14 produtos turísticos, paquetizados, con prezo e canle de venda, nos que participan máis de 40 empresas que abarcan toda a cadea de valor do sector turístico galego: intermediarios turísticos, empresas de transporte, restauración, guías e profesionais da información turística, actividades náuticas, aloxamento,? sendo o seu eixo vertebrador a práctica de actividades de turismo activo”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

Os produtos GDA percorren as 4 provincias galegas e móstranse ao voso alcance nunha páxina web e unha aplicación móbil (dispoñible tanto para Android como para iOS). Desta forma xerouse un catálogo de información áxil que busca facilitar o labor dos axentes de viaxes emisoras.