O Camiño de Santiago e as súas diferentes rutas foron grandes protagonistas na relación de presentacións que acolleu a caseta de Galicia durante a Feira Internacional de Turismo de Madrid. Un ano máis, FITUR foi o gran escaparate no que se presentaron os principais recursos turísticos do noso territorio así como as novidades ou apostas para este 2017 e neste marco non puido faltar a Ruta Xacobea, que con catro presentacións se conviertió en gran protagonista da cita feiral.
Así o Camiño e a súa marca de peregrinos alcanzado en 2016 converteuse en carta de presentación e elemento diferenciador da comunidade galega, nexo de unión entre pobos, tal e como destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e vertebrador do carácter e espírito hospitalario dos galegos, como lembrou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo no Día de Galicia en Fitur. Na súa intervención, o presidente da Xunta aproveitou tamén para anunciar a aprobación dun protocolo co Concello de Santiago de Compostela para a mellora das entradas do Camiño á capital galelga que suporá un investimento de 4,2 millóns de euros, unha iniciativa baseada nun informe urbanístico que se executará en sintonía coa institución municipal e que permitirá abordar actuacións na entrada do Camiño Inglés e do Camiño Francés.
Castro destacou na primeira xornada da Feira as accións postas en marcha no marco do Plan Director do Camiño así como os esforzos de promoción e os traballos de mellora e conservación do Camiño, así como as accións para mellorar a accesibilidade desta Ruta, accións que cobran máis relevancia se cabe en 2017 como Ano dedicado ao Turismo Accesible.
Camiño Francés e Camiño de Betanzos
O espazo galego albergou tamén unha presentación sobre os municipios galegos polos que transcorre o Camiño Francés a Santiago, que estivo a cargo da Mancomunidade de municipios galegos do camiño francés, que abarca todos os concellos, desde que o Camiño de Santiago entra en Galicia até o límite con Santiago de Compostela. A denominada Ruta de Historias é unha fermosa ruta onde o visitante será recibido por unhas fermosas paisaxes e xentes agradables, que farán da visita unha experiencia difícil de esquecer.
Pero non foi a única das Rutas que tivo protagonismo en Fitur, ai que a Deputación da Coruña presentou pola súa banda a Ruta do Medievo ou Camiño de Betanzos, o itinerario que comunica Santiago e San Andrés, con eixo de conexión na capital do antigo Reino de Galicia. Trátase dun do tres itinerarios que atravesan a provincia da Coruña, xunto con Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía, que xa son bastante coñecidos polo que a Deputación quere envorcar esforzos para dar a coñecer esta Ruta e sinalizala.
Camiño da Costa
Pola súa banda a Deputación de Pontevedra envorcouse en Fitur na promoción do Camiño Portugués pola Costa, que transcorre por 15 concellos, desde A Guarda até Pontecesures. Con esta iniciativa, o ente provincial espera impulsar esta alternativa para chegar a Santiago que conta co mar como gran atractivo turístico. Con este obxectivo de promoción o ente provincial ha elaborado unhas guías e un vídeo promocional titulado Un lugar no mundo con banda sonora a cargo de Teo Cardalda onde un peregrino percorre os 15 concellos polo que transcorre esta ruta.