Co comezo do mes de setembro reactívase a axenda de feiras sectoriais nas que a oferta turística galega estará presente. Así, durante este mes e a través de Turismo de Galicia, as empresas do sector estarán presentes en cuato citas importantes para o sector, tres internacionais e unha nacional. Esta última é o certame Unibike de Madrid, que se celebrará do 23 ao 25 deste mes na capital orientada á promoción do cicloturismo e que terá como principal obxectivo a posta en contacto con operadores especializados neste sector que aposten por Galicia para a práctica deste deporte.
Xapón, Francia e México
En canto ás citas internacionais, Turismo de Galicia reforzará a promoción de destino coa participación na feira JATA de Xapón, entre o 22 e o 25 de setembro. O mercado nipón é un dos nichos de internacionais de mercado emerxentes para Galicia, moi sensible con todo o vinculado co Camiño de Santiago. Non en balde, ao longo do ano 2015 o mercado turístico xaponés en Galicia experimentou un crecemento importante no que alcanza ao segmento hostaleiro onde creceu nun 19% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 3% as pernoctaciones.
Turismo náutico
Así mesmo, para a promoción específica dun dos produtos turísticos galegos máis singulares, Turismo de Galicia levará a oferta de turismo náutico á feira especializada Grand Pavois, un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia, xunto co Salón Náutico de París, que se celebrará na cidade francesa da Rochelle entre os días 28 de setembro e 3 de outubro.
Por último, un ano máis Turismo de Galicia participará en Termatalia México, Feira Internacional do Turismo Termal e referente mundial do turismo de saúde e unha ponte de conexión entre a tradición termal europea e o potencial termal de Iberoamérica. Así, constitúe unha oportunidade única para pór de manifesto a innovación e a capacidade de dinamización e de activación económica dun sector estratéxico para o turismo galego.