Ruta Vino Rías Baixas

O sumiller Jose Luís Arangude foi o encargado de conducir a primeira das Catas entre Amigos que a Ruta do Viño Rías Baixas celebrou este 2017, unha iniciativa orientada ao público final e que leva desarollándose desde fai tres edicións. Nesta primeira cata do ano o lugar elixido foi o Hotel San Carlos Delicattessen de Santiago de Compostela e os protagonistas foron os viños tintos da denominación de orixe Rías Baixas.

Un total de 30 persoas tomaron parte na cata, centrada exclusivamente nos tintos de Rías Baixas elaborados por catro das adegas asociadas. A primeira parte da cata centrouse nunha breve explicación sobre estes viños, xa que “non son os máis coñecidos da Denominación de Orixe, pero si teñen un alto potencial”, asegurou Aragunde. Neste sentido, destacou a súa capacidade de envellecemento. “Están aínda mellor despois dun ou dous anos de saír ao mercado”, indicou. Así, catáronse tres monovarietales (de Pedral, Espadeiro e Sousón) e un plurivarietal entre cuxas variedades se atopaba a Brancellao. Os participantes nesta cita mostráronse moi sorprendidos coa frescura e o sabor dos viños degustados.

As próximas citas deste programa desenvolvido pola Ruta do Viño Rías Baixas desenvolveranse nos meses de marzo, abril e outubro en Vigo, Pontevedra e O Grove, respectivamente.

27 de Febreiro de 2017

Primeira Cata entre Amigos da Ruta do Viño Rías Baixas en 2017

O sumiller Jose Luís Arangude foi o encargado de conducir a primeira das Catas entre Amigos que a Ruta do Viño Rías Baixas celebrou este 2017, […]
06 de Febreiro de 2017

Rías Baixas sitúase á cabeza das Rutas do Viño de España en xestión e planificación

A Asociación de Rutas do Viño de España sitúa á única ruta galega amparada en ACEVIN á cabeza das 27 Rutas do Viño de España en […]
24 de Novembro de 2016

Mesa redonda sobre accesibilidade no CSHG coa participación da Ruta do Viño Rías Baixas

Madrid acolleu a entrega dos premios ACEVIN nos que a ruta obtivo tres premios O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) acolleu esta semana unha […]
08 de Novembro de 2016

V Cata Amateur, paseo en catamarán e unha actividade accesible centran a programación polo Día Europeo do Enoturismo

As actividades especiais terán lugar o fin de semana do 12 e 13 de novembro A Ruta do Viño Rías Baixas xa ten lista a súa […]