formación

Co obxectivo de mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (empresariado e persoal) do que significa turismo sustentable, a Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto Protura, destinado a profesionais turísticos de Pontevedra e Castela a Mancha que estean interesados en desenvolver o seu proxecto empresarial baixo os criterios do turismo sustentable ou formarse neste nicho de mercado.

A través de formacións gratuítas en liña ou semipresenciales, os profesionais poderán analizar as diferentes acreditacións dispoñibles, coñecendo exemplos de boas prácticas, coa finalidade de informar, formar e asesorar sobre os principios do turismo sustentable para que poidan traducirse en prácticas de xestión. Estes principios teñen como propósito minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística no ámbito sociocultural, ambiental e empresarial. O proxecto consta de cursos de formación a distancia e mixta, e dun asesoramento mixto.

Así se impartirán 8 tipos de accións, presenciais e en liña,con contidos vinculados ao turismo rural sustentable, o impacto do turismo sobre o medio ambiente, potencial endóxeno dos recursos da zona, etc. Ademais, haberase accións específicas de apoio desde xuño a setembro para asesorar sobre turismo sustentable, accións para minimizar o impacto negativo do turismo, etc.

Os cursos de formación a distancia (50 horas) abren as súas plataformas a partir do 28 de maio mentres que a formación mixta (10 horas presenciais e 40 horas a distancia), impartiranse no Grove, A Estrada e A Guarda.

28 de Maio de 2018

Os profesionais turísticos de Pontevedra poderán formarse gratuitamente en turismo sustentable

Co obxectivo de mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (empresariado e persoal) do que significa turismo sustentable, a Deputación de Pontevedra pon en […]
08 de Febreiro de 2018

Celebradas tres xornadas profesionais para dar a coñecer entre estudantes e profesionais todo o potencial dos destilados galegos con contraetiqueta

Membros do sector turístico e da hostalaría, ademais de alumnos de centros de formación, participaron no tres xornadas impulsadas pola Xunta de Galicia baixo o título […]
31 de Xaneiro de 2018

Xornadas de sensibilización sobre os licores e augardentes para alumnos e profesionais do sector turístico

Baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, a iniciativa ten como obxectivo sensibilizar ao sector sobre a importancia de consumir espirituosos amparados e etiquetaxes […]
18 de Decembro de 2017

Balance de catro anos de traballo en prol do fortalecemento do tecido turístico galego

O Clúster Turismo de Galicia cumpre en decembro catro anos desde a súa creación como voz do turismo en Galicia Constituído oficialmente en decembro de 2013, […]