Expourense

Baixo a lema “Liderar en tempos de cambio”, Ourense acolleu un acto de celebración do Día Mundial da Calidade 2017 no que tamén se fixo entrega dos Premios Líderes en Calidade, que chegaron así á súa sétima edición. O obxectivo da xornada é sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices de calidade e medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e alcanzar a satisfacción do cliente. Expourense conmemorou así o día cunha xornada na que se entregaron os premios a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.
As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2017 foron:
– Sector Alimentación: Peixes Rubén S.L. (Lugo).
– Sector Socio-Sanitario: Fundación Valdegodos (Ourense).
– Internacionalización: Anfaco-Cecopesca (Pontevedra).
– Sector Educación: Grupo Academia Postal (Ourense).
– Medio e Internacionalización: Televés S.A. (A Coruña).
– Premio á traxectoria: Confederación Empresarial de Ourense – CEO.
Ademais da estas empresas, hoxe tamén se recoñeceron os 40 anos de traxectoria da Confederación Empresarial de Ourense, CEO, como entidade que anima aos seus asociados a implantar nas empresas modelos de xestión de calidade e medioambiente. Doutra banda, a CEO foi a primeira conferedeación empresarial de España en certificarse no medio Ambiente.
Os premios foron entregados por membros do Padroado de Expourense como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra e o presidente do CEO; José Manuel Pérez Canle. Tamén participou nesta entrega a directora de Grupo S4 en Ourense, Pilar Sarabia.

09 de Novembro de 2017

Expourense celebrou o Día Mundial da Calidade entregando o V Premios “Líderes en Calidade”

Baixo a lema “Liderar en tempos de cambio”, Ourense acolleu un acto de celebración do Día Mundial da Calidade 2017 no que tamén se fixo entrega […]
26 de Setembro de 2017

Foz do Iguaçu recolle a testemuña para a organización de Termatalia Brasil 2018

Termatalia 2017 botou o peche en Expourense pero xa comezou a organizar a próxima edición que terá lugar en Foz do Iguaçu en Brasil entre o […]
18 de Setembro de 2017

Axencias de viaxes de España e Portugal coñecerán en Termatalia a oferta termal de Galicia

A través dunha viaxe de familiarización búscase potenciar a comercialización do produto turismo de saúde asociándoo a outros atractivos como a enogastronomía A acción conta coa […]
31 de Agosto de 2017

Termatalia 2017 contará cun selo de Correos propio e un cuño

A Sociedade Filatélica Miño creou un selo, cartóns postais prefranqueadas e cuño conmemorativo con motivo da celebración da feira Con motivo da celebración da próxima edición […]