A medida foi recibida de forma desigual polo sector, ao considerar que chega tarde posto que moitos establecementos iniciaron os trámites para solicitar a impulsada polo ICTE mentres que outras entidades impulsaron os seus propios

A Secretaría de Estado de Turismo puxo en marcha un distintivo propio para aqueles establecementos que cumpran os requirimentos indicados nas guías de medidas antiCovid-19 visadas polo Ministerio de Sanidade. De carácter gratuíto, persoal e intrasferible, o novo selo pódese descargar na páxina web do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo tras encher un formulario no que o establecemento mostra o seu compromiso a seguir as guías

“Ofrecer confianza e seguridade é esencial nestes momentos para volver atraer viaxeiros tanto nacionais como internacionais. Este distintivo é un elemento máis na nosa estratexia para reposicionarnos como destino turístico seguro a nivel mundial”, explicaba a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, que destacou que o selo terá que renovarse con caráctetr anual e que servirá para “recoñecer a responsabilidade daqueles empresarios que fan un esforzo por crear unha contorna segura nos seus respectivos negocios non só para os turistas senón para os seus propios traballadores e os residentes”, engade Oliver

A secretaria de Estado de Turismo tamén aproveitou para lembrar que as guías de medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARS-CoV-2 serán a referencia para a creación de normas a nivel mundial, tras un acordo adoptado no seo da Organización Internacional de Normalización (ISO)

Lea de selos

Cabe destacar que en maio o ICTE anunciou a creación do selo ?Safe Tourism Certified? para distinguir a empresas, organizacións e demais recursos turísticos que implantaron o Sistema de Prevención de Riscos para a Saúde fronte á COVID-19 baseado nos 21 protocolos para reducir o contaxio polo coronavirus SARS-CoV-2 no sector turístico, un selo cun custo económico do que o Ministerio marcou distancias, ao ser o ICTE un ente de carácter privado e habérselle encomendado unicamente a elaboración dos protocolos en colaboración co sector. Agora, o Ministerio lanza o seu propio distintivo, gratuíto, que para algúns chega tarde, xa que empresarios e entidades avanzaron na adquisición ou implementación do seu propio.

23 de Xuño de 2020

A Secretaría de Estado lanza o distintivo gratuíto “Responsible Tourism”

A medida foi recibida de forma desigual polo sector, ao considerar que chega tarde posto que moitos establecementos iniciaron os trámites para solicitar a impulsada polo […]
18 de Xuño de 2019

Acordo de colaboración para avanzar en innovación, calidade e sustentabilidade do turismo en Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no […]
07 de Maio de 2019

107 bandeiras azuis para os areais galegos este verán

Galicia mantén o segundo posto no número destas distincións, despois de Valencia, e o primeiro no de recoñecementos de carreiros azuis Un total de 163 areais, […]
07 de Febreiro de 2019

Arxentina interésase polos avances en competitividade e calidade do sector turístico galego

Unha delegación de Santiago del Estero asinou un protocolo de colaboración co Clúster Turismo de Galicia para avanzar en accións en común que lles permitan mellorar […]