A creación de novos produtos turísticos nos camiños de Santiago e a profesionalización e adaptación do sector aos novos retos serán os obxectivos do convenio de colaboración que a Xunta de Galicia asinará coa Asociación Profesional de Guías Turísticos (Apit Galicia). En base a este acordo, a Xunta destinará 170.000 euros a axudas para este fin.
O acordo complementa o Plan director Galicia Destino Seguro, que definirá o novo modelo turístico galego baseado na calidade, a sostibilidade e a seguridade. A administración autonómica destinará 37,5 millóns de euros ao plan de choque para reactivar o turismo, que inclúe axudas a axencias de viaxes e operadores turísticos, así como ferramentas de promoción e fidelización, como o bono turístico. Tamén inclúe axudas para a implantación do “seguro de coronavirus”, que cubriría os gastos de turistas ou peregrinos no caso dun posible contaxio por Covid.