O Clúster de Turismo pon a disposición das organizacións turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade

O Clúster de Turismo pon a disposición das organizacións turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade

  • O servizo de consultoría, financiado a través dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, é gratuíto.
  • Turismo de Galicia publicou unha liña de axudas que financian parte dos custos de uso da marca e auditoría, cuxo prazo de solicitude finaliza o 6 de xullo.
  • As empresas interesadas no servizo poden recibir máis información a través do correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou do teléfono 881 24 74 36.

A Xunta de Galicia convocou a principios do mes de xuño as subvencións para a obtención ou mantemento da marca Q de Calidade e S de Sustentabilidade. Esta liña de axudas estará dispoñible ata o 6 de xullo ás 23:59 horas. Poden optar a ela as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos, ou concellos e entidades instrumentais que xestionen servizos públicos.

 

Para simplificar o proceso ás entidades interesadas, o Clúster de Turismo de Galicia, no marco dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, pon á disposición das empresas turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento de ambos distintivos. A propia liña de axudas financia unha parte dos custos de uso da marca e auditoría.

 

Q de Calidade

 

A marca de garantía Q de Calidade Turística é unha marca española, recoñecida en todo o mundo, dirixida á certificación voluntaria da calidade dos servizos turísticos. Esta certifica a calidade da xestión, servizos e infraestruturas das organizacións turísticas. Unha organización turística obtén a Q de Calidade cando evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que pronuncia a súa norma correspondente. A organización debe implementar un sistema de xestión orientado ao servizo do cliente e en mellora continua.

 

A obtención desde distintivo trae vantaxes a nivel externo (aumentar a satisfacción dos clientes, mellorar a reputación da organización, contar un selo diferenciador fronte ao cliente) e a nivel interno (mellora a xestión, optimiza os recursos, motiva ao persoal e controla o desempeño da organización).

 

S de Sustentabilidade

 

A certificación de Sustentabilidade Turística foi implementada polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para axudar aos establecementos, empresas e destinos de España na integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do Milenio. A marca obtense cando a organización turística cumpre con, polo menos, unha das seguintes normas: Especificación Técnica de Cumprimento de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en organizacións turísticas; Norma UNE-ISO 21401:2019 Sistema de Xestión de Sustentabilidade para aloxamentos.

 

A implantación desde distintivo trae vantaxes a nivel externo (contar cun elemento diferenciador de alto valor engadido, mellora a imaxe e reputación, visibiliza a contribución da organización á mellora da súa contorna sociocultural e medioambiental) e a nivel interno (mellora a xestión e eficacia das actividades, optimiza os recursos e motiva ao persoal).

 

Servizo de consultoría

 

Existirá un servizo de consultoría e asistencia técnica para a xestión, tramitación da subvención nos procesos de certificación/mantemento respecto á Certificación da Marca Q de Calidade Turística e da S de Sustentabilidade Turística durante o ano 2023.

 

De xeito específico, para a S de sustentabilidade é necesario implantar os requisitos de, polo menos, un dos documentos fronte aos que se obtén a marca Sustentabilidade Turística. Tamén: acordar cunha das empresas homologadas a auditoría externa; evidenciar o cumprimento dos requisitos técnicos; implementar e evidenciar as oportunidades de mellora detectadas; obter o certificado e poñelo en valor, dentro e fora da organización; e superar unha auditoría externa anualmente.

 

Se estás interesado proceso de obtención dos distintivos, podes recibir máis información consultando coa secretaría técnica do Clúster de Turismo a través do correo electrónico: secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou do teléfono 881 24 74 36.