O Clúster Turismo de Galicia celebrará o vindeiro martes, 3 de xuño, ás 16:30 horas, un webinar informativo para explicar os detalles do acordo marco que o CTG mantén con ME Renewing, compañía especializada en mobilidade eléctrica do grupo Mota-Engil. Grazas a este convenio, os establecementos turísticos galegos poden instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos sen necesidade de asumir ningún custo.
A sesión “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”, cunha duración aproximada dunha hora, está dirixida a todas aquelas empresas do sector interesadas en coñecer as condicións deste modelo que aposta pola sostibilidade e a competitividade do turismo galego. As inscricións pódense realizar a través da seguinte ligazón.
O webinar estruturarase da seguinte forma:
Esta iniciativa permite aos establecementos turísticos interesados acceder a unha infraestrutura de carga eléctrica moderna e adaptada ás necesidades do viaxeiro actual, sen investimento pola súa banda. Inscríbeche no webinar para coñecer ao completo todos os detalles deste convenio de colaboración.