Turismo Sostenible

  • Os establecementos que se sumen poderán participar no sorteo dun bono climático valorado en 1.000 euros.

 

O Clúster Turismo de Galicia continúa promovendo a sostibilidade no sector hostaleiro a través da súa colaboración coa iniciativa Hostelería #PorElClima, unha plataforma que ofrece a bares, restaurantes e locais de lecer ferramentas para reducir a súa pegada de carbono e mellorar a súa eficiencia enerxética.

 

Esta colaboración permite aos establecementos adheridos a entrada para participar no sorteo dun bono climático valorado en 1.000 euros, destinado á renovación de equipamento con tecnoloxías máis eficientes que contribúan á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. Os negocios deben estar operativos polo menos un ano e completar un autodiagnóstico en liña na web de Hostalería #PorElClima, desde onde poden coñecer o seu grao de sostibilidade e recibir recomendacións personalizadas para avanzar na redución de emisións.

 

Desde a súa posta en marcha, a iniciativa permitiu a miles de establecementos en España mellorar a súa xestión ambiental, sendo un exemplo de como a sostibilidade pode integrarse de forma práctica no día a día da hostalería.

 

O Clúster lembra que a adhesión é gratuíta e que este tipo de accións contribúen non só a reducir o impacto ambiental do sector, senón tamén a optimizar custos e posicionarse como negocios comprometidos co turismo responsable. Ademais, os establecementos participantes poden obter un distintivo que certifica o seu compromiso coa acción climática. Para sumarse á iniciativa e optar ao bono climático, basta con completar o autodiagnóstico en liña e comezar a actuar #PorElClima.

14 de Abril de 2025

O Clúster lembra que os establecementos hostaleiros poden adherirse a Hostalería #PorElClima

Os establecementos que se sumen poderán participar no sorteo dun bono climático valorado en 1.000 euros.   O Clúster Turismo de Galicia continúa promovendo a sostibilidade […]
31 de Marzo de 2025

O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” suma cinco novas empresas

Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa son as últimas incorporacións da marca turística. O Club de Produto GDS suma […]
03 de Marzo de 2025

O Clúster impulsa o turismo sostible en BioCultura A Coruña 2025

O CTG dispón de pases dixitais para acceder a BioCultura 2025, a solicitude pode tramitarse a través do formulario correspondente.   Do 7 ao 9 de […]
25 de Febreiro de 2025

O Clúster impulsa a sostibilidade na hostalería colaborando con Hostalería #PorElClima

Os establecementos que se adhiran poderán optar a un bono climático.   O Clúster Turismo de Galicia reforza o seu compromiso coa sostibilidade a través dunha […]