Q De Calidade

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no marco da aposta da administración pública na mellora da competitividade da oferta turística. Neste contexto, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo balance da boa marcha do turismo galego no primeiro cuadrimestre do ano, un período no que os establecementos hoteleiros da Comunidade ingresaron 61,7 millóns de euros, un 8% máis que en 2018.

O acordo, asinado en Santiago de Compotela entre o conselleiro, Román Rodríguez, e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, permitirá homoxeneizar os criterios de excelencia e favorecerá a colaboración entre as dúas administracións, unha aposta pola calidade na que a Xunta leva inmersa os últimos anos e que xa está a dar os seus froitos. Neste sentido, Rodríguez destacou ó que o número de empresas co recoñecemento SICTED de Calidade Turística duplicouse na última década ao pasar de 286 en 2008 ás 598 conseguidas o ano pasado. Subliñou, ademais, que Galicia logrou o ano pasado o maior número de certificacións da marca Q de calidade da súa historia, ao conseguir un total de 282, situándose como a segunda Comunidade con máis recoñecementos.

A secretaria de Estado, pola súa banda, destacou que Galicia posúe un produto turístico “moi diferenciado”; “unha marabillosa carta que xogades e que tedes que coidar”, e citou a paisaxe galega e a rede de camiños xacobeos, a paisaxe e os camiños.

Oliver ofreceu a colaboración do Estado para seguir mellorando a oferta do turismo de Galicia e a súa calidade, e referiuse en concreto ao ano 2021 cando terá lugar o próximo Xacobeo. “Imos traballar conxuntamente para que sexa un éxito en número de visitantes e de gasto turístico”, indicou.

A representante estatal dixo que o 2021 será “un momento importante” para tratar de captar e fidelizar ao visitante que acuda á comunidade galega.

Destacou a importancia que ten para o potente sector turístico español a colaboración entre as diferentes institucións públicas e a súa cooperación coas empresas do sector privado. “Calidade, sustentabilidade, accesibilidade, innovación, desestacionalización e diferenciación son os termos craves neste século XXI”, afirmou Isabel Oliver.

18 de Xuño de 2019

Acordo de colaboración para avanzar en innovación, calidade e sustentabilidade do turismo en Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no […]
21 de Maio de 2019

Profesionais do sector turístico profundan en ferramentas e axudas financeiras para mellorar as súa competividade

A Cidade da Cultura acolleu a xornada de formación a profesionais de sector turística orientada a coñecer en maior profundidade as ferramentas financeiras de que dispoñen […]
13 de Maio de 2019

Publicadas as bases reguladoras para a solicitude das axudas para a renovación ou implementación da Q de Calidade Turística

O Diario Oficial de Galicia recolle a resolución do 5 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime […]
12 de Febreiro de 2019

A Xunta renova a aposta pola marca Q de Calidade nos servizos turísticos cun investimento de 450 mil euros para este ano

Co obxectivo de finalizar o 2019 cun mínimo de 229 establecementos, a Xunta destinará unha partida de 450 mil euros ao impulso da Marca Q de […]