Q De Calidade

  • Galicia é a quinta Comunidade con máis bandeiras.
  • En total, 309 praias españolas e 27 instalacións náutico-deportivas recibiron este selo de calidade turística.
  • Pontevedra recibiu 16 distincións; Lugo, 5; e A Coruña, 2.

 

O Instituto para a Calidade Turística Española (CITE) fixo entrega esta semana das Bandeiras Q de Calidade, S de Sustentabilidade e Safe Tourism Certified. No evento participaron os alcaldes de 106 concellos de España que obtiveron algunha das Bandeiras que outorga o ICTE.

 

Dos 309 selos de calidade repartidos, as praias galegas recibiron 23. Galicia é a quinta comunidade con máis certificacións, só por detrás de Andalucía (con 133), a Comunidade Valenciana (con 54), a Rexión de Murcia (con 41) e Baleares (con 24). A repartición divídese do seguinte xeito: a provincia de Pontevedra acumula o maior número de areais distinguidos, con 16; mentres que Lugo conta con 5, e A Coruña, con 2.

 

Por unha banda, as praias pontevedresas recoñecidas polo ICTE coa Bandeira Q de Calidade son: Area de Agra (Areas), Bascuas (Aios), A Lapa (Noalla), Areas (Areas-Sanxenxo), Areas Gordas (Noalla), Baltar (Portonovo), Canelas (Portonovo-Sanxenxo), Caneliñas (Portonovo), Foxos (Santo Estevo), Montalvo (Adina), Silgar (Sanxenxo), Paxariñas (Paxariñas) e Pragueira (Sanxenxo).

 

Por outra banda, os areais de Lugo que recibiron a Q foron A Rapadoira (Foz), Area (Viveiro), As Catedrais (Ribadeo), Covas (Viveiro) e Os Castros-Illas (Ribadeo). Na provincia da Coruña as dúas praias recoñecidas atópanse en Miño: a praia Grande e a da Ribeira.

 

Ademais disto, tamén se outorgaron un total de 64 Bandeiras S de Sustentabilidade, un selo creado co obxectivo de garantir o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 da ONU. Por último, 34 praias españolas tamén recibiron o selo Safe Tourism Certified, unha marca de garantía e certificación de implantación do Sistema de prevención de riscos para a saúde fronte á Covid-19.

27 de Xuño de 2023

23 praias galegas reciben o certificado Q de Calidade

Galicia é a quinta Comunidade con máis bandeiras. En total, 309 praias españolas e 27 instalacións náutico-deportivas recibiron este selo de calidade turística. Pontevedra recibiu 16 […]
21 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo pon a disposición das organizacións turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade

O servizo de consultoría, financiado a través dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, é gratuíto. Turismo de Galicia publicou unha […]
06 de Xuño de 2023

A Xunta convoca as axudas para a obtención ou mantemento da marca “Q” de Calidade Turística e da “S” de Sustentabilidade Turística

A convocatoria, de concorrencia competitiva, estará aberta desde o 7 de xuño ás 00:00 horas ata o 6 de xullo ás 23:59 horas. Poden optar a […]
28 de Maio de 2020

Reactivado o prazo para que empresas e concellos soliciten axudas para renovación ou certificación da Q de Calidade Turística

Até o 2 de xuño está aberto o prazo para a solicitude destas axudas que quedaron paralizadas como consecuencia da pandemia A Consellería de Cultura e […]