O Clúster Turismo de Galicia prepara a súa participación na feira internacional ITB Berlín 2025, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo na capital alemá. Esta misión comercial permitirá aos profesionais do sector turístico galego establecer contactos estratéxicos e promocionar os seus produtos nun dos eventos máis relevantes da industria a nivel mundial.
A misión levarase a cabo do 3 ao 6 de marzo, con saída o luns 3 desde o aeroporto de Santiago de Compostela e regreso o xoves 6. Inclúese o voo con maleta facturada, traslados en autocar e aloxamento no hotel Park Inn by Radisson de 4 estrelas en réxime de Aloxamento e Almorzo. Ademais, organizarase unha cea de networking para potenciar as relacións comerciais entre os participantes.
Este ano, a feira contará cun Speed Networking o xoves 6 de marzo de 9:00 a 10:30 h. Para quen desexe participar neste evento clave para a xeración de contactos, ofrécese a posibilidade de prolongar a estancia ata o venres 7 de marzo, cun itinerario de regreso alternativo.
Custo da participación
En ambos os casos, a inscrición debe formalizarse antes do 11 de febreiro, enviando un correo a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, indicando o itinerario elixido, anexando o xustificante de pago correspondente en concepto de “Servizos de Internacionalización en ITB Berlín 2025) e indicando datos persoais (nome, apelido, DNI, empresa á que pertencen, datos de contacto e facturación).
O número máximo de participantes será de 23 persoas. Ademais dos membros do Consello Executivo do Clúster, as prazas asignaranse seguindo unha orde de prioridade:
Para máis información, poden contactar en secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou no teléfono 881 247 436.