destacados

  • A xornada terá lugar o mércores, 15 de maio, no Museo Mega Estrella Galicia.
  • O evento contará cun relatorio sobre a cartografía dun destino turístico rexenerativo e cunha mesa redonda sobre responsabilidade social.
  • As inscricións están dispoñibles ata o 9 de maio a través desta ligazón.

O Clúster Turismo Galicia, en colaboración coa Xunta-Axencia Turismo de Galicia, organiza o vindeiro mércores, 15 de maio, o evento ‘Camiñando cara a sostibilidade: encontro do club de produto Galicia Destino Sostible’, no Museo Mega Estrella Galicia (A Coruña). Trátase dunha xornada impulsada a través da marca turística Galicia Destino Sostible, o club de produto creado polo Clúster e a Xunta de Galicia como un hub para integrar toda a oferta turística sostible da Comunidade, e que ten adheridas máis de 90 empresas e integra 140 experiencias na súa web.

 

Esta xornada pon o foco no turismo sostible e na responsabilidade social. O programa deste encontro comeza co relatorio ‘Cartografía dun destino turístico rexenerativo’, da man de Sergio Gil, presidente da Fundación Restaurantes Sostenibles e director dos equipos de investigación internacionais G.A.S. (Gastronomía, Antropoloxía e Sociedade) e G.R.A.B. (Grupo de Investigación de Antropoloxía do Bar). Seguidamente, terá lugar unha mesa redonda moderada por Mayte Redondo (fundadora da revista Travel 2 Care People and Planet) centrada no impulso á sostibilidade social, e na que participarán o propio Sergio Gil; Mar Rodríguez, vocal do Clúster e directora da axencia de viaxes Tee Travel; Pepe Formoso, director do hotel Bela Fisterra e do albergue Bela Muxía, e presidente da Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte (APTCM); e Lolo Mosteiro; copropietario e xefe de cociña do restaurante A Artesa da Moza Crecha.

 

A xornada continuará cun resumo das actividades realizadas e as programadas para 2024 do club de produto Galicia Sostible, e farase entrega dun kit de comunicación ás empresas adheridas. O evento finalizará cunha visita libre ao Museo Estrella Galicia con masterclass de tiraxe ao final do percorrido, e cun cátering final.

 

Adhesión

 

Para adherirse a Galicia Destino Sostible as empresas teñen que cumprir a lo menos un requisito habilitante (certificación de sustentabilidade; Fair´n Green; Estrela Verde da Guía MICHELIN; pertenza ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, ou ao Club de produto Ecoturismo de España ou una certificación ambiental: ISO 14000, EMAS, etc.) ou ben o 100% dos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

A adhesión pode solicitarse a través da web galiciadestinosostible.com. Unha vez que o comité asesor acepte a adhesión, a empresa xestionará as súas ofertas desde o portal e gozará das vantaxes de pertencer ao club de produto de xeito gratuíto.

 

07 de Maio de 2024

O Clúster organiza o evento “Camiñando cara a sostibilidade: Encontro do club de produto Galicia Destino Sostible”

A xornada terá lugar o mércores, 15 de maio, no Museo Mega Estrella Galicia. O evento contará cun relatorio sobre a cartografía dun destino turístico rexenerativo […]
02 de Maio de 2024

O Clúster e a Xunta abordan a elaboración da Estratexia de Turismo 2030 da man de máis de 100 profesionais e expertos

Analizarán posibles solucións aos retos identificados polo sector no proceso de diagnóstico realizado a finais do pasado ano. A través de oito mesas de traballo, que […]
26 de Xaneiro de 2024

O Clúster Turismo de Galicia pecha Fitur 24 con 400 reunións no seu espazo de negocios, nas que participaron 1.500 profesionais do sector

Axencias de viaxes, hoteis e institucións concentraron o maior número de encontros. México, Portugal e Estados Unidos son os países que máis se interesaron polo destino […]
24 de Xaneiro de 2024

O sector turístico galego apunta como obxectivos para o 2030 a aposta pola sostibilidade, o incremento da rendibilidade e un turismo menos estacional

O presidente do Clúster Turismo presentou esta mañá en FITUR os resultados do diagnóstico ao sector, que servirá para deseñar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030. […]