Bonos Turísticos Xunta Galicia 2024

Volven os Bonos Turísticos de Galicia impulsados pola Xunta

  • Poñeranse en circulación 16.000 novos bonos cun importe de 150€ cada un
  • O período para trocalos será desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024

Este luns 27 de maio, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou a renovación do programa de Bonos Turísticos para Galicia, onde se investirá 1 millón de euros coa previsión de mobilizar 2,5 millóns de euros durante o outono no sector turístico galego.

 

A iniciativa, que vai pola súa cuarta edición, poñerá en circulación 16.000 novos bonos que se poderán descargar en formato código QR cun importe de 150 euros por bono, onde o 40% é financiado pola Xunta de Galicia e o importe restante o paga a persoa solicitante.

 

Como novidade respecto a outros anos, cada usuario poderá descargar ata 2 bonos para trocar nun dos establecementos adheridos entre o 10 de setembro e o 25 de decembro de 2024. Ademais, o bono pagarase no momento da súa descarga e non posteriormente, como outros anos.

 

De todo isto, estivo a falar a mañá do martes o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, no programa da Radio Galega “Galicia por diante”, onde reafirmou o éxito da iniciativa durante os anos anteriores e a intención do bono de actuar contra a desestacionalización, beneficiando aos distintos tipos de negocios turísticos, sobre todo aos aloxamentos rurais ou con oferta termal, así como ás axencias que oferten paquetes que inclúan opcións gastronómicas.

 

A previsión é que os bonos poidan descargarse a partir de finais do mes de xuño. As persoas interesadas poderán facelo a través da web bonoturismo.gal.