‘Tan sostible como’, a nova campaña do Clúster para promocionar a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’

‘Tan sostible como’, a nova campaña do Clúster para promocionar a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’

  • A campaña estenderase ata o 30 de novembro de 2024.
  • Unha landing web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual, sorteos semanais e márketing de influencers, son algunhas das accións que forman parte da campaña.

O Clúster Turismo de Galicia vén de lanzar unha nova campaña de promoción para promover a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ (GDS), unha iniciativa que pretende poñer en valor e impulsar a oferta turística sostible coa que conta a nosa comunidade. Baixo o claim ‘Deixa pegada na alma e non na Terra’, esta acción de promoción promoverá a faceta sostible da marca turística, enumerando diversas actividades e experiencias sostibles que os visitantes poden gozar na nosa terra.

 

“Tan sostible como coñecer as profesións tradicionais de Galicia”, “Tan sostible como aloxarte nun establecemento de turismo rural que aposte polas tradicións e costumes de Galicia”, “Tan sostible como comer un cocido elaborado con produtos de proximidade” e “Tan sostible como elixir experiencias que respecten a contorna natural na que se realizan” son algunhas das frases que protagonizan esta campaña, acompañadas dunha potente imaxe visual que traslada aos clientes potenciais a todo aquilo que ofrece ‘Galicia Destino Sostible’. Que o que vives en Galicia deixa pegada na memoria dos visitantes para sempre, en forma de recordos, e que a forma na que se gozan esas vivencias, permite que sexa sendo así para a eternidade.

 

Co obxectivo de resaltar o carácter comprometido e sostible de Galicia, a acción englóbase en catro piares básicos que un turista consciente pode atoparse cando aposte polas experiencias co selo ‘Galicia Destino Sostible’: profesións tradicionais, actividades e experiencias, patrimonio material e inmaterial, e produtos e tradicións galegas.

 

Como parte desta campaña, que xa está en marcha, realizouse unha peza audiovisual que remarca o carácter sostible de GDS e de todas as posibilidades que ofrece a marca turística; creouse unha páxina landing que acompaña a todas as accións da campaña; e iniciouse unha estratexia de paid media, tanto en Google Ads como en Social Ads. Ademais disto, prevese a realización de numerosos sorteos semanais das experiencias sostibles achegadas polos asociados a GDS, así como a coordinación de accións con influencers, ata o remate da campaña no mes de novembro.

 

‘Tan sostible como’ busca poñer en valor o compromiso do tecido empresarial turístico galego co desenvolvemento sostible de Galicia, posicionar á comunidade como un destino referente en materia de sostibilidade, e destacar os atributos diferenciais de Galicia como destino turístico sostible a nivel social, cultural e medioambiental. Ademais, pretende poñer en valor a riqueza patrimonial e natural do destino, así como as súas costumes e tradicións (artesanía, oficios, celebracións, etc.). A campaña está dirixida ao cliente de proximidade, é dicir: Galicia, España, e norte de Portugal. Por iso, a promoción enfócase nos tres ámbitos xeográficos para acadar ao maior número de clientes potenciais posibles.

 

Adhesión a Galicia Destino Sostible

 

GDS conta xa con máis de 100 empresas e 150 ofertas adheridas. O club de produto serve de punto de encontro entre os turistas e as empresas, facilitando o acceso á ampla oferta turística sostible de Galicia. Para sumarse á iniciativa, as empresas teñen que cumprir a lo menos un requisito habilitante (certificación de sostibilidade; Fair´n Green; Estrela Verde da Guía MICHELIN; pertenza ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, ou ao Club de produto Ecoturismo de España ou una certificación ambiental: ISO 14000, EMAS, etc.) ou ben o 100% dos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

A adhesión pode solicitarse a través da web galiciadestinosostible.com. Unha vez que o comité de avaliación acepte a adhesión, a empresa xestionará as súas ofertas desde o portal e gozará das vantaxes de pertencer ao club de produto de xeito gratuíto.