Xunta de Galicia

O presidente da Xunta clausurou o acto de entrega das 274 Q de Calidade que Galicia acada en 2016, seis máis que o ano pasado

“Sodes o mellor reflexo de Galicia”. Así se manifestaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na entrega das Q de Calidade que tivo lugar no Real Club Náutico de Sanxenxo, unha entrega de marca, xa que a comunidade conta xa con 274 destas distincións, só por detrás de Andalucía, algo que o presidente destacaba especialmente tendo en conta as diferenzas en volume de habitantes e establecementos entre as dúas comunidades autónomas. Núñez Feijóo destacou especialmente a progresión que Galicia viviu estes anos cara á excelencia. Non en balde, se en 2004 apenas había 16 empresas certificadas, hoxe esta cifra chega ás 274 Q, liderando o número de Q en infraestruturas como os hoteis, os apartamentos turísticos, as casas de turismo rural, os balnearios ou as instalacións náuticas.

“Celebramos o incremento do número de empresas certificadas, con 6 máis este ano, pero, sobre todo, celebramos o traballo a longo prazo”, abundou, incidindo en que a marca Q de calidade significa prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción. Neste sentido, o presidente da Xunta destacou, ademais, o traballo man a man co sector a través do Clúster Turismo de Galicia que, xunto a Turismo de Galicia, traballan en diferentes iniciativas conxuntas a favor da excelencia e a profesionalización do sector, obxectivos recolleitos no Plan integral de turismo de Galicia 2014-2016 como un dos alicerces básicos sobre os que se debe sustentar “o edificio turístico industrial de Galicia”.

Neste sentido, Feijóo aproveitou a súa participación no acto para felicitar o esforzo de todo o sector e a súa aposta pola calidade, que se ve reflectida nas boas cifras acadadas neste primeiro cuadrimestre do ano, en que a nosa comunidade recibiu a preto de 860.000 viaxeiros, un 7,3% máis que no mesmo período de 2015. “Estamos a falar do mellor cuadrimestre desde que empezou a crise, cun número de pernoctaciones que ascendeu a 1,5 millóns, e no tres sectores de demanda: tanto na demanda interna, que crece un 3,6%, como na demanda nacional (10,2%) e internacional (que crece un 4,3 %)”, dixo, subliñando tamén que de cada dez euros da economía galega un provén do turismo. Feijóo mostrouse convencido de que este pode ser un gran verán para o sector.

No acto de entrega das distincións Q de Calidade, ademais do presidente da Xunta, tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, o presidente do ICTE, Miguel Mirones, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, ou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González.

24 de Maio de 2016

Núñez Feijóo destaca o peso do sector turístico no conxunto da economía galego como “un dos alicerces básicos do edificio empresarial de Galicia”

O presidente da Xunta clausurou o acto de entrega das 274 Q de Calidade que Galicia acada en 2016, seis máis que o ano pasado “Sodes o […]
23 de Maio de 2016

Turespazo entra en período de probas para a súa optimización e coñecemento entre o sector turístico galego

Es un profesional ou unha empresa turística? Se é así interésache coñecer #Turespazo, a rede privada coa que a Xunta de Galicia dotou ao sector turístico […]
14 de Marzo de 2016

Acceso regulado á praia das Catedrais durante a Semana Santa

Os grupos de máis de 30 persoas poderán xestionar solicitudes a través das diferentes entidades que xestionan autorizacións, como o Clúster de Turismo, entre outras Durante […]
22 de Outubro de 2015

El Clúster se une a la Campaña de la Xunta a favor de una pesca sostenible

Bajo el nombre “Non piques, non peques” la nueva campaña de la Consellería do Mar está orientada a impulsar el consumo responsable de los productos pesqueros, […]