Xunta de Galicia

O presidente da Xunta e a directora de Turismo de Galicia foron os encargados de presentar o plan nun acto no que tamén se celebrou un coloquio con representates do sector

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe a aposta de Galicia polo ?turismo tranquilo, polo slow turismo de máxima calidade? para seguir batendo marcas de visitantes e no que os turistas gocen sen présas do patrimonio, da historia, da cultura e da natureza da Comunidade. E fíxoo na presentación oficial da Estratexia de Turismo de Galicia 2020, a folla de ruta para o sector no horizonte do catro próximos anos na que se cifran varios obxectivos cuantitativos: alcanzar os 6 millóns de turistas; dos cales 2 millóns serían turistas internacionais e conseguir os 60 euros de gasto medio por habitación hoteleira. Uns obxectivos cuantitativos pero tamén cuantitativos, apostando pola sustentabilidade dun destino no que tamén se mellore na súa competitividade e rendibilidade, situándose como sector crave da economía galega para o que será precisa a colaboración dos campos público e privado para o seu impulso, coordinación, xestión, promoción, ordenación, innovación e internacionalización.

Segundo explicou Núñez Feijóo na súa intervención, a Estratexia aposta por “un destino tranquilo, pensando para perdurar no tempo, co acento posto na sustentabilidade, ao que non lle dea vertixe ofrecer novos produtos turísticos e experiencias diferentes a outros lugares”, dixo, ao que engadiu que para iso, o Goberno galego destinará máis de 240 millóns de euros neste catro anos, para consolidar a marca Galicia, “para que Galicia non sexa unha moda pasaxeira senón un destino indispensable para a axenda de calquera turista ou viaxeiro”.

Durante a presentación da Estratexia de Turismo de Galicia 2020, Feijóo incidiu tamén na necesidade dun traballo conxunto co sector “porque non só queremos que os turistas veñan senón que os turistas volvan” polo que, parafraseando unha das frases xurdidas durante o coloquio dos representantes do sector, “debemos darlle razóns para volver”.

Co obxectivo de fidelizar os visitantes e impulsar a imaxe de Galicia como destino turístico único, Feijóo avanzou, entre as 90 accións incluídas no plan, a creación do Cartón do turista que suporá importantes descontos e facilidades para o transporte e avogou por potenciar ao máximo a Ruta Xacobea de face ao ano santo 2021, e para dar a coñecer os bens patrimonio da humanidade, os parques naturais e para consolidarnos tamén como unha referencia termal.

Unha estratexia dinámica e participativa
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta referiuse a esta estratexia como unha folla de ruta transversal, dinámica e participativa. Unha folla de ruta que contempla Galicia como uno todo; que será revisada de maneira periódica para adaptala á conxuntura de cada momento; que implicará todo o tecido social; e que foi elaborada en colaboración co Clúster de Turismo e co tres universidades galegas, a través de 28 mesas de traballo, 80 entrevistas individuais e 300 enquisas.

Coloquio do sector

Ademais da intervención do presidente da Xunta, o acto tamén contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que agradeceu o traballo do sector, e dun coloquio con diferentes representantes do sector turístico que servió para tocar algúns dos aspectos que se abordan no plan como a paisaxe, a gastronomía, a necesidade de profesionalización ou de desestacionalización do sector. Conducido por Susana Pedreira, o coloquio estivo a cargo do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, o chef Pepe Solla, a directora de Tee Travel, Mar Rodríguez, Marcos Branco, director da Pantin Classic e Beatriz Castro, directora do Hotel Cons da Garda no Grove.

Descarga o resumo executivo

08 de Maio de 2017

A Xunta de Galicia presenta a Estratexia de Turismo de Galicia 2020, unha aposta polo turismo tranquilo de máxima calidade

O presidente da Xunta e a directora de Turismo de Galicia foron os encargados de presentar o plan nun acto no que tamén se celebrou un […]
24 de Marzo de 2017

A nova Estratexia do Turismo de Galicia traballará para consolidar en 2020 un destino turístico competitivo, sustentable e diferenciado a nivel global

A Xunta de Galicia aprobou o novo plan estratéxico que guiará o desenvolvemento do sector no horizonte 2020. Trátase dunha folla de ruta que conta cun […]
14 de Febreiro de 2017

Turismo de Galicia investirá máis dun millón de euros en 18 concellos polos que discorre o Camiño Inglés

Durante 2017 a Xunta investirá máis dun millón de euros en accións que permitran mellorar as instalacións e sinalización do Camiño Inglés. En concreto levarán a […]
27 de Xaneiro de 2017

Satisfacción no Clúster Turismo de Galicia pola aprobación do Decreto de Regulación das Vivendas de Uso Turístico

A norma inclúe, ademais, modificacións na regulación dos apartamentos e vivendas turísticas O Clúster Turismo de Galicia como entidade que agrupa ao 95% do sector turístico […]