Xunta de Galicia

O DOG recolle a convocatoria para a habilitación de guías turísticos especializados, convocada pola Consellería de Cultura e Turismo, co obxectivo de continuar o proceso de profesionalización e aposta pola excelencia na atención dos viaxeiros. As probas dirixiranse tanto para as persoas que queiran acreditarse por primeira vez como para aquelas que, contando xa coa habilitación, queiran ampliala a outros idiomas.

Para poder habilitarse como novo guía de turismo especializado en Galicia será preciso superar tres exercicios eliminatorios. O primeiro consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 80 preguntas tipo test sobre un temario referido á xeografía, historia e cultura galegas, a itinerarios e recursos turísticos na Comunidade así como sobre lexislación.

O segundo exercicio consistirá nunha tradución dun texto do castelán ao galego e unha tradución do galego ao castelán. O terceiro centrarase no idioma estranxeiro cunha tradución en ambos os sentidos -de castelán ao idioma estranxeiro e viceversa- e unha segunda parte que incluirá unha conversación sobre algún dos temas do programa cos membros do tribunal ou coas persoas que os asistan en cada un dos idiomas solicitados.

Avaliaranse o inglés, o francés, alemán, italiano, portugués, chinés, xaponés e ruso. Sobre o resto de idiomas solicitados polas persoas interesadas, en función do número de solicitudes presentadas e da valoración da demanda turística dese idioma, a Consellería de Cultura e Turismo resérvase o dereito a determinar se serán ou non obxecto de avaliación.

As persoas aspirantes que pretendan concorrer aos exames deberán posuír algún dos títulos indicados na convocatoria: ciclo formativo de grao superior de formación profesional, grao ou diplomatura universitaria, maestrado oficial universitario, licenciatura, gran diploma de xestión e dirección de empresas hoteleiras, diploma de xestión de empresas hostaleiras ou diploma superior en xestión hostaleira. Ademais, deberán acreditar o dominio das linguas oficiais de Galicia e dalgunha lingua estranxeira, salvo que se opte por realizar a correspondente proba de idiomas.

Probas de idiomas
Os candidatos a conseguir a súa habilitación por vez primeira poderán estar exentos da segunda proba achegando o certificado Celga 4 ou equivalente e, no caso de estranxeiros, copia de diploma de español de, como mínimo, nivel B2. Para a exención do terceiro exercicio deben presentar a certificación expedida polo organismo competente nun nivel de coñecemento, como mínimo ao nivel B2 dese idioma estranxeiro. Os profesionais con habilitación en vigor como guías de turismo de Galicia que desexen ser habilitados para outros idiomas distintos aos que consten nela tan só terán que superar as correspondentes probas de idiomas.

As solicitudes e a documentación para presentarse a estas probas deberán enviarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia e o prazo para recibir a documentación será dun mes contado a partir do 28 de maio.

Os aspirantes a conseguir a habilitación poden descargar o temario e informarse da totalidade dos requisitos e documentación na convocatoria do DOG.

28 de Maio de 2019

Convocadas as probas de habilitación de novos guías de turismo especializados en Galicia

O DOG recolle a convocatoria para a habilitación de guías turísticos especializados, convocada pola Consellería de Cultura e Turismo, co obxectivo de continuar o proceso de […]
14 de Maio de 2019

Nace o Clúster da Función Loxística de Galicia

A nova agrupación empresarial nace da cooperación entre axentes e empresas destacadas na loxística galega e a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Auspiciada pola Consellería […]
01 de Maio de 2019

A Xunta impulsará a Senda dos Faros para descubrir a paisaxe e o patrimonio do litoral galego

A través dun convenio fimado entre Turismo de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación Galicia Sustentable […]
19 de Abril de 2019

A Xunta avanza no plan de dinamizador para o sector enoturístico galego

Os conselleiros de Medio Rural, Economía, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo reuníronse cos representantes dos consellos reguladores vinícolas e das Rutas do Viño […]