A única feira gastronómica galega contará cun centenar de experiencias e a presenza dunha ducia de paises con Brasil como convidado, representado pola Prefeitura de Foz do Iguaçu. A cita, que terá lugar o próximo mes de febreiro non podía faltar en Fitur, onde presentou o seu programa de actividades máis internacional no que, á tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal, únese con máis forza que nunca a cooperación iberoamericana.
Esta cita ten carácter internacional pero sen esquecer as raíces e un dos seus obxectivos fundamentais continúa sendo promocionar o turismo de proximidade. Xantar, convertido xa nunha motivación turística en si mesma, puxo en marcha distintos paquetes para convidar o viaxeiro a gozar dunha experiencia enogastronómica (tamén termal) en Ourense, xa que a presenza no salón permitiralle descubrir os atractivos turísticos dos 12 países representados e participar no completo programa de actividades dirixidas a promocionar a calidade da súa gastronomía, vista nesta edición desde unha perspectiva sustentable e saudable.
Con ese mesmo obxectivo de promocionar un destino a través da súa gastronomía e os bos resultados obtidos na edición anterior, organízase o “III Workshop de Turismo Gastronómico” no que participarán unha decena de operadores de turismo que asistirán a presentacións e a reunións B2 B con representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón.
24 de Xaneiro de 2019

Xantar presenta a súa edición máis internacional para celebrar o seu 20º aniversario

A única feira gastronómica galega contará cun centenar de experiencias e a presenza dunha ducia de paises con Brasil como convidado, representado pola Prefeitura de Foz […]
07 de Xaneiro de 2019

Brasil, país convidado en Xantar 2019

A Prefeitura de Foz de Iguaçu será a entidade encargada de representar ao país cun menú baseado na gastronomía paranaense con pratos recoñecidos como Patrimonio Cultural […]
13 de Agosto de 2018

O Salón de Turísmo Gastronómico Xantar promociónase este mes de agosto en Portugal

Expourense participou na inauguración do 5º Festival dedicado ao Peixe Espada en Vila Praia de Âncora Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, continúa estreitando lazos […]
06 de Febreiro de 2018

Xantar 2018 pecha a súa 19ª edición con 24.000 visitas como a única feira internacional especializada en turismo gastronomómico de España

As 200 experiencias que ofrecía o salón foron seguidas por máis de 7.000 asistentes Xantar pechou portas con máis de 24 mil visitantes, cifras que o […]