WTIM Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino Galicia no exterior que será na feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 4 ao 6 de novembro de 2019. A misión comercial iniciarase o domingo 3 de novembro, saíndo desde o aeroporto da Coruña con destino a Londres, e concluirá o mércores, 6 de novembro.
O prazo está aberto até o 30 de setembro e a misión está dirixida a empresas galegas de comercialización e distribución, aloxamento e oferta complementaria así como empresas e entidades do sector turístico doutros ámbitos, segundo o criterio establecido polo Clúster, e cun número máximo de 25 persoas. Ademais da organización da misión, celebraranse dúas ceas networking durante a estancia dos empresarios do sector.

Aqueles que desexen participar nesta misión comercial deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a pre-reserva.

Nesta edición non se contará cun servizo de xestión de axenda externo. No entanto, o CTG prestaralles apoio a través da entrega dun informe exhaustivo do mercado inglés cos datos de contacto de turoperadores do Reino Unido, elaborado co apoio da EOT de Londres, ademais de manter un encontro coas empresas interesadas para abordar con maior detalle a metodoloxía a seguir para esta misión comercial.

11 de Setembro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo de Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino […]