verano 2019

O Clúster Turismo de Galicia fai balance positivo dun verán caracterizado pola inestabilidade que demostrou mellor comportamento que o 2018

Considera moi positiva a subida de prezos que permitan apostar por un turismo de calidade, baseado en servizos e instalacións de excelencia que atraian novos segmentos de mercado

No que vai de ano máis de 3,5 millóns viaxeiros elixiron Galicia para os seus días de descanso, un 5% máis que en durante o primeiros oito meses do 2018.

Trala publicación dos datos relativos a chegada de turistas estranxeiros e a ocupación nos establecementos extrahoteleiros durante o mes de agosto por parte do INE, o Clúster Turismo de Galicia fai un balance moi positivo da tempada estival, entendida como os meses de xullo e agosto, ao confirmarse unha mellora de cinco puntos tanto no número de visitantes como en pernoitas respecto ao mesmo período do ano pasado. A estes incrementos súmaselle o mantemento da estadía e a ocupación e o crecemento interanual de case dous puntos nos prezos hostaleiros, o que permitiu subir en 4,7 puntos a rendibilidade do conxunto do sector turístico galego.

Segundo os datos recompilados a partir das estatísticas do INE, Galicia sitúase este verán como unha das zonas de España que demostra maior dinamismo no sector turístico durante os meses centrais do verán con crecementos até catro puntos superiores ao conxunto do país, que rexistra crecemento de apenas un punto tanto nos aloxamentos hostaleiros como extrahoteleiros.

Así, no conxunto de xullo e agosto, Galicia rexistrou algo máis de 1,5 millóns de turistas e alcanzou os 3,9 millóns de pernoitas, cifra que volve situar a Galicia en ocupacións estivais de marca, similares ao verán de 2017. Este crecemento supón un aumento de 5,4 puntos tanto no número de viaxeiros como de noites, un crecemento destacado se temos en conta que se produce no marco dun verán climatológicamente algo inestable, o que demostra o atractivo do territorio galego e a súa consolidación como o quinto destino favorito dos españois durante a tempora estival, acumulando un 7% do total de pernoitas que se produciron en España o mes pasado. Ademais, no que vai de ano máis de 3,5 millóns viaxeiros elixiron Galicia para os seus días de descanso, un 5% máis que en durante o primeiros oito meses do 2018, alcanzándose case os 7,8 millóns de noites neste primeiros oito meses.

Mellora da rendibilidade

A estas cifras únense, ademais, o feito de que o sector conseguise mellorar a súa rendibilidade mantendo unha estancia media de dúas noites e media no caso dos hoteis, que crece signficativamente noutro tipo de aloxamentos como son os apartamentos turísticos (4,7 noites de media en agosto) ou campingos (3,9 noites de media en agosto).

Cun prezo medio de habitación por noite de 67,97 euros en xullo e agosto, os hoteis galegos han conseguido mellorar con respecto ao ano pasado en 1,3 puntos a facturación media diaria dos hoteis por cada habitación ocupada (ADR) e un 4,3 o RevPAR, que está condicionado pola ocupación rexistrada nos establecementos hostaleiros, froito do incremento de viaxeiros, pernoitas e leve subida de prezos, unha satisfacción que sitúa ao sector no bo camiño pero co obxectivo de seguir traballando para incrementar marxes de beneficio que permitan asumir unha aposta clara pola a profesionalización, a calidade e a renovación da industria turística galega, imprescindible para conseguir un sector moderno e competitivo.

Os niveis de ocupación, que se situaron de media en torno ao 60% nos meses de xullo e agosto no conxunto do territorio galego, acadando o 70% no caso dos hoteis en agosto, así como os ingresos medios por habitación dispoñible deixan aínda marxe de mellora para o sector o que fai imprescindible seguir avanzando na desestacionalización, captación de novos segmentos de mercado e especialización, a través de aposta pola creación de novos produtos turísticos.

30 de Setembro de 2019

Galicia pecha tempada estival superando expectativas con máis de 1,5 millóns de viaxeiros e 3,9 millóns de noites en xullo e agosto

O Clúster Turismo de Galicia fai balance positivo dun verán caracterizado pola inestabilidade que demostrou mellor comportamento que o 2018 Considera moi positiva a subida de […]
05 de Setembro de 2019

Galicia encabezou en xullo o crecemento turístico de España, con máis de 675.000 viaxeiros e 1,7 millóns de pernoitas

O noso territorio recibiu 43.000 viaxeiros máis que en xullo do ano pasado marcando a mellor cifra de viaxeiros e ocupación de España só por detrás […]