Turismo Rías Baixas

O II Encuentro Cluster Turismo de Galicia, que se celebra o xoves 17 de marzo no Auditorio Mar de Vigo, presentouse en Vigo coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do alcalde de Vigo, Abel Caballero

Os profundos cambios que viviu a xestión de destinos turísticos na última década xunto cos retos que supón a introdución das novas tecnoloxías nesta comercialización así como a aproximación e o maior coñecemento dos mercados máis interesantes para a oferta turística galega son algúns dos obxectivos baixo os que nace a segunda edición dos Encontros Cluster Turismo de Galicia, que se celebrará nunha única xornada o próximo 17 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.

Baixo o título “Obxectivo 5 millóns: Retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do Destino Galicia”, a xornada tratará de profundar nas novas formas de comercialización dentro do sector turístico así como expor solucións aos retos que supón a irrupción e os cambios que se produciron na forma na que o viaxa o turista 2.0.

Así o destacaban os represntantes do Clúster do Turismo de Galicia, César Ballesteros e Diego Otero, que estiveron acompañados na presentación das xornadas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcadel de Vigo, Abel Caballero así como polo deputado provincial de Turismo, Santos Héctor. Tanto Silva como Caballero coincidiron en destacar as grandes potencialidades do sector turístico, que está chamado a ser a panca que mova a economía da provincia. Neste sentido Silva destacou o turismo verde, o enoturismo, o patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico da provincia, como eixos que deben explorarse para ofrecer “aos nosos visitantes unha oferta variada e moi completa de actividades para coñecer todos vos recunchos da provincia”.

Pola súa banda, o alcade da cidade destacou a riqueza e a gran calidade da oferta turística da cidade e da provincia e agradeceu á Deputación que estes II Encontros, que situaban a Vigo como a capital do turismo durante esa xornada, desenvolvésense por vez primeira na cidade olívica.

Cita profesional imprescindible

A xornada, que se celebrará en xornada de mañá e tarde, incluirá mesas redondas e varios relatorios con expertos nacionais e internacionais como o presidente de Segittur, Antonio López, a ex responsable de VisitLondon, a consultora Mady Keup, ou Raúl García, un dos expertos en comercialización MICE e novas tecnoloxías.

O programa completarase con senllas mesas redondas en torno á análise dos mercados primordiais para a oferta turística galega, coa participación dos responsables das Oficinas de Turismo de España de Reino Unido, Alemaña e Estados Unidos e outra sobre as principais ferramentas tecnolóxicas que han cambiando a forma de entender a comercialización turística e na que se contará coa presenza de representantes de empresas punteiras como Beonprice, a empresa española de referencia do revenue management, o channel manager ParityRate ou do Instituto Tecnolóxico Hostaleiro, complentando unha mesa imprescindible para entender como se modificou en moi poucos anos o funcionamento da comercialización da oferta turística na que o uso do big data e a consolidación do uso do channel manager, que permite reunir a información de centos de axentes que cambian as súas ofertas de hospedaxe on e off line minuto a minuto, é fundamental. Trátase, pois, dunha cita ineludible para o sector profesional turístico galego.

15 de Marzo de 2016

Éxito de inscripcións na #Jornada5M de comercialización turística do destino Galicia

O II Encuentro Cluster Turismo de Galicia, que se celebra o xoves 17 de marzo no Auditorio Mar de Vigo, presentouse en Vigo coa presenza da presidenta da […]
21 de Xaneiro de 2016

Galicia asume la coordinación de la España Verde

En la segunda jornada de #Fitur2016 se llevaron a cabo un total de 15 presentaciones de destinos y productos turísticos gallegos La 36 edición de la […]
18 de Agosto de 2015

Las oficinas de turismo de Pontevedra marcan récords en recepción de turistas

Solo la oficina de Turismo Rías Baixas de la ciudad de Pontevedra ya superó en 3000 personas la cifra visitantes registrada en todo 2014 Las oficinas […]
28 de Febreiro de 2015

Nuevas acciones de promoción para que el viajero se decante por las Rías Baixas

El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado de la directora de la Axencia de Turismo de Galicia y diferentes representantes del Clúster del […]