turismo náutico

Conseguir que a discapacidade visual non é un impedimento para que estas persoas poidan gozar tamén da navegación tradicional a través dun percorrido polas rías galegas é un dos obxectivos do proxecto Sentir o Mar, impulsado polo GALP 4 Seo Fisterra, Ría de Muros-Noia, xunto coa Consellería do Mar.

A través desta iniciativa preténdese que esta colectiva poida gozar dunha opción d lecer segura e atractiva, converténdose nun recurso pedagóxico útil tanto para eles, que se familiarizan cos diferentes elementos que se poden atopar nestes barcos, como para as súas familias, que agudizan tamén outros sentidos que non son a vista.

Este proxecto comprende unha guía que mostra diversas formas de gozar do mar para persoas invidentes e exercicios de navegación en embarcacións previamente formadas. Ademais, inclúese unha descrición gráfica do barco e a nomenclatura dos seus partes en braille co apoio de elementos como unha maqueta a tamaño escala, que reproduce todos os detalles do barco, un traballo que estivo a cargo dun equipo de profesionais do ámbito educativo e social e que involucra así a profesores, estudantes e familias, xa que é unha ferramenta de apoio para eles. Na iniciativa colaborou tamén a Fundación ONCE e o Concello de Muros, entre outros.

21 de Decembro de 2018

Sentir o mar, un proxecto para impulsar o turismo inclusivo na ría de Muros-Noia

Conseguir que a discapacidade visual non é un impedimento para que estas persoas poidan gozar tamén da navegación tradicional a través dun percorrido polas rías galegas […]
30 de Outubro de 2018

O Camiño de Santiago a vela coa Travesía Náutica Xacobea

A iniciativa, impulsada por Xunta en colaboración con Asnauga, xa está operativa desde Ribadeo e desde Baiona, tras a finalización das obras no Monte Real Club […]
10 de Xullo de 2018

A Royal Yachting Association (RYA) explora opcións de colaboración cos portos deportivos galegos

Co obxectivo de establecer vías de colaboración estables, a Consellería de Mar, Portos de Galicia e a Royal Yachting Association (RYA) mantivo un encontro en Galicia […]
24 de Maio de 2018

ASNAUGA lidera as Bandeiras Azuis de portos deportivos en Galicia co 80% do total

Un total de 15 portos deportivos galegos ondean este ano a Bandeira Azul, o distintivo outorgado polo organismo europeo ADEAC- FEEE, dos cales 12 son Clubs […]