turismo deportivo

Os Encontros Clúster Turismo de Galicia desenvolvéronse ao longo de toda a xornada ao redor de dous relatorios e tres mesas redondas, concibidas co obxectivo de abordar os retos e oportunidades que se lle presentan a este sector no horizonte 2020. Así, foron xurdindo cuestións como o impacto turístico e as oportunidades que xeran os eventos deportivos e culturais, o desenvolvemento do turismo enogastronómico e termal ou os avances tecnolóxicos que ofrecen novas oportunidades de xestión e modernización para os establecementos turísticos, á vez que supoñen novos retos de adaptación.

Durante a xornada da mañá o representante de Amadeus, Fernado Puelles, foi o encargado de ofrecer unha serie de pinceladas das oportunidades de negocio que expoñen as novas tecnologias e o cambio de paradigma que supuxo a irrupción da internet das cousas, tamén para o turismo, recomedando ao sector a necesidade de adaptarse para sobrevivir. O vicepresidente da NBA, Jesús Bueno, pola súa banda, abordou as enormes oportunidades que xeran os eventos deportivos como elementos desestacionalizadores do turismo durante todo o ano, incidindo en que os seguidores deste tipo de eventos son realmente tamén turistas.

A continuación abriuse unha mesa redonda centrada no turismo termal e enogastrónomico, como dous das grandes fortalezas do sector turístico galego. En lestes sentido, os relatores destacaron a necesidade de que non se compartimente a estes turistas, apostando pola creación de produto transversal xa que os viaxeiros son cada vez máis multiexperienciales. Neste sentido manifestouse tanto Carles Martí, de Nextel, como Ton Franco, de Globaldit que fixo hincapie na necesidade de pesar de forma global, volver á autentidad do produto e neste sentido, destacou que Galicia “teno todo para ser lideres, saquen peito”. Amaia López de Heredia, do Basque Culinary Center, pola súa banda, destacou tamén que o boom gastronómico que vivimos débese, en boa parte, a que “encaixa perfectamente coa fisolofía actual do viaxeiro, coa sustentabilidade, a procura de experiencias auténticas, do ecolóxico e da procura do hedonista”.

Tecnoloxía e oportunidades
O Encontro continuou pola tarde con dúas mesas redondas, unha moderada polo xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez, que profundou no tema deportivo coas achegas de expertos como Javier Guillén (Unipublic- Volta Ciclista a España), Carles Cantou (SPSG Consulting), Xan Gonzalez, de Turismo de Galicia e Patricio Sánchez (Universidade de Vigo). A última das mesas redondas abordou os cambios tecnolóxicos que viviu o sector nos últimos anos e as novidades no horizonte 2020. Moderada polo experto en innovación e novas tecnoloxías, Enrique Lancis, a mesa contou coa participación de Javier Reynoso, responsable de Pangea; Jorge Barreiro, xefe de innovación turística de Turismo de Galicia, Elisa Martín, directora de innovación en IBM e Sergio Vinay, responsable de políticas públicas da plataforma AirBnB para España e Portugal, o que permitiu tamén abordar os cambios introducidos pola economía colaborativa.

02 de Maio de 2017

O turismo multiproducto e experiencial, clave para o desenvolvemento de futuro do modelo turístico galego

Os Encontros Clúster Turismo de Galicia desenvolvéronse ao longo de toda a xornada ao redor de dous relatorios e tres mesas redondas, concibidas co obxectivo de […]
26 de Abril de 2017

Máis de 200 profesionais do sector turístico daranse cita no III Encontros Clúster Turismo de Galicia

A xornada #Turismo2020 contará con dous relatorios a cargo de Fernando Puelles, responsable da área de Business Travel de Amadeus España, que nos ofrecerá información sobre […]
05 de Abril de 2016

Manzaneda acolle o primeiro Congreso Galego de Neve e Montaña

A Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda acolle os días 9 e 10 de abril o I Congreso Galego de Neve e Montaña. Integrando seguridade, deportes, […]
30 de Agosto de 2015

Pantín Classic Galicia Pro volve reunir en Galicia o mellor do surf feminino mundial

Trátase da única proba de surf do calendario internacional que se desenvolve en España, do 1 ao 6 de setembro Os areais de Ferrolterra, e a […]