turismo de reuniones

O informe do Spain Convention Bureau (SCB) recolle que o ano pasado o noso país albergou case 5 mil congresos que supuxeron algo máis de 6.100 millóns de euros de facturación, un 3,38% máis que en 2016 e moveron a preto de 1,3 millóns de persoas, un 17,93% máis que o ano pasado. Estas cifras permitiron que España superase por vez primeira a cifra dos 6.000 millóns de euros de facturación, cifra que nos sitúa como o cuarto país do mundo neste sector, por detrás de Estados Unidos, Alemaña e Reino Unido. Cabe destacar tamén que en 2017 celebráronse nas cidades asociadas ao SCB case 25.000 reunións, o que supón un lixeiro descenso (-0,61%) sobre o ano anterior. A entidade, dependente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), agrupa actualmente a 56 destinos de congresos que supoñen o 85% da oferta MICE española.

No devandito informe, Madrid e Barcelona seguen á cabeza do país en número de convencións, co 43% do total entre ambas, mentres que un 28% distribúese entre cidades medianas (cabe lembrar que Barcelona foi a cidade do mundo que máis congresos internacionais acolleu o ano pasado, mentres Madrid situouse en sétima posición, segundo o ranking da International Congress and Convention Association (ICCA).

Un de cada tres eventos celébrase nun palacio de congresos.
Os encontros médicos e sanitarios constitúen o sector que máis tira dos congresos. Representaron un de cada cinco eventos (o 21% do total), seguidos de preto polas convencións de ámbito económico e comercial, que foron o 20%. En canto á estacionalidade, o informe do Spain Convention Bureau detalla que a tempada de congresos estendeuse a sete meses, con maio, setembro, outubro e novembro como meses máis demandados polos organizadores.

Doutra banda, o informe conclúe que un de cada tres eventos deste tipo celébrase nos palacios de congresos (o 32,5%) e aloxa aos seus participantes maioritariamente en hoteis de catro estrelas. O informe presentouse no marco da celebración da Asemblea Xeral do Spain Convention Bureau que tivo lugar en Las Palmas de Gran Canaria, un destino que o seu propio alcalde destacou que debe apostar por este tipo de sector, o do turismo de reunións que interesa a cidades e que é necesario seguir apostando polo seu crecemento de forma coordinada, creando rede entre cidades.

23 de Xullo de 2018

España sitúase na cuarta posición mundial en turismo de congresos

O informe do Spain Convention Bureau (SCB) recolle que o ano pasado o noso país albergou case 5 mil congresos que supuxeron algo máis de 6.100 […]
30 de Novembro de 2016

O turismo galego de reunións dáse cita na feira IBTM World de Barcelona

O sector MICE galego participa esta semana na maior feira nacional especializada en turismo de congresos, IBTM World de Barcelona, que reúne a máis de 17.500 […]
20 de Maio de 2015

El turismo de reuniones, protagonista de la feria IMEX de Frankfurt

La Asociación de Palacios de Congresos de Galicia y Turismo de Galicia participaron activamente en la feria Hasta el 22 de mayo Frankfurt (Alemania) acoge la […]