Turespaña

Turespaña tamén aproveitou para redeseñar a súa web Spain.info para facela máis atractiva e navegable

Unha web máis dinámica e con máis ferramentas que permiten planificar as viaxes e unha campaña eminentemente dirixida ao turista europeo son os dous elementos baixo os que pivota a nova estratexia internacional lanzada esta semana por Turespaña. Co slogan “Back to Spain”, “a campaña reforza as razóns e emocións que converteron ao noso país no seu destino favorito nun ano onde a competencia por captar turistas que se decidan a viaxar fóra dos seus países, vai ser moi pronunciada”, explicou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, que foi a encargada, xunto coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, de presentar a nova estratexia de promoción destinada ao visitante estranxeiro, en especial ao europeo.

“As especiais circunstancias deste verán fan necesario lanzar unha campaña de publicidade coa que queremos lembrar aos turistas internacionais que as vacacións en España son unha aposta segura”, afirmou a ministra na presentación da campaña coa que o Goberno busca recuperar a confianza en España como destino turístico fronte á competencia con estas dúas ferramentas: a nova campaña e a renovación do portal turístico.

A preocupación polos rebrotes vai seguir estando presente, pero por iso o Goberno busca lanzar certidumbre e garantías para os turistas que estean a pensar en vir a España á vez que destacou a responsabilidade do sector na aplicación dos protocolos fronte ao COVID19 que evitaron rebrotes vinculados á actividade turística até o momento. “Hai que convivir co coronavirus, pero iso non significa que non teñamos que gozar dunhas merecidas vacacións” tanto os españois como os cidadáns doutros países que nos visitan. Ademais, afirmou que ela pode dicir que “España é un destino turístico seguro”.

A ministra indicou que 7.000 actividades do sector turístico xa solicitaron o selo de Turismo Responsable, que vai permitir validar os 22 protocolos de seguridade fronte ao coronavirus que se elaboraron para o sector

O novo portal
Doutra banda, o novo portal de turismo mantén o dominio spain.info, pero renóvase completamente despois de 19 anos en funcionamento. Agora é máis dinámico e con maior impacto visual e destacan as novas ferramentas que se centran en facilitar a planificación de viaxes cos mapas interactivos.

Ademais, mellórase a información coa descarga de folletos dixitais ou a posibilidade de reservar entre as máis de 2.000 experiencias turísticas que se comercializan a través do portal, que recibe máis de 15 millóns de visitas ao ano.

14 de Xullo de 2020

España lanza unha campaña para xerar confianza no turista europeo, Back to Spain

Turespaña tamén aproveitou para redeseñar a súa web Spain.info para facela máis atractiva e navegable Unha web máis dinámica e con máis ferramentas que permiten planificar […]
11 de Setembro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo de Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino […]
04 de Febreiro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara xa a súa nova misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín

O mercado alemán segue sendo un dos máis importantes para a oferta turística galega Con Malaisia como pais convidado, Berlin prepárase xa para a próxima edición […]
09 de Novembro de 2018

España fronte ao Brexit

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, visitou a World Travel Market e a caseta de Turespaña, onde tivo a oportunidade de conversar brevemente […]