Amtega inaugurará este novo programa cunha sesión dedicada ao sector turístico o próximo 23 de febreiro

Co obxectivo de reducir a brecha entre a tecnoloxía existente e a aplicada nas empresas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) pon en marcha o programa #UpDatePeme, que abarcará cinco sesións, dunha hora de duración, nas que catro empresas mostrarán un produto ou servizo tecnolóxico de utilidade para o colectivo. A primeira das sesións baixo o título Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas terá lugar o próximo 23 de febreiro no Edificio CNIC na Cidade da Cultura e centrarase no sector turístico. A esta xornada seguiralle outras catro centradas en contidos dixitais, sector primario, autónomos e novos empresarios.

Nas sesións trataranse temas como consolidadores, seguimento de prezos, social media, comercio electrónico, CMS, creación de páxinas web, etc. As sesións complementaranse con gravacións de cada unha das intervencións e artigos divulgativos sobre a aplicación das tecnoloxías mostradas, así como a elaboración dun catálogo de aplicacións que poida ser consultado polas empresas na web do Centro. Ademais, os relatores deixarán fíos, cuestións de interese, para que os participantes poidan tirar e, desta forma, espertar o interese da empresa e que sexa esta a que decida afondar ou pedir máis información do produto ou servizo.

O programa, integrado nas actividades do Centro Demostrador TIC da Amtega, ten aberto xa o seu prazo de inscrición a través del enlace https://cdtic.xunta.gal/updatepeme-turismo para a celebración da primeira xornada. As prazas son limitadas e a inscrición, de balde.

PROGRAMA

19.00 Apertura e presentación
19.05 Aplicación das novas tecnoloxías na comercialización turística. Enrique Lancis
19.30 Mesa moderada polo Clúster Turismo de Galicia
-Consolidadores na distribución turística. Diego Otero de Abramar viaxes
– Comunicación 2.0 para turistas. Merchi Rodal de Apartamentos Rodeiramar 2A
– Coñece os sistemas de seguimento de prezos nas distintas canles de comercialización. Óscar Fontán do Hotel Oca Porta do Camiño
– Descobre ferramentas de venda tecnolóxica para a reserva dun hotel. Rafael Benito do Hotel Hesperia Finisterre da Coruña
20.20 Rolda de preguntas e debate

09 de Febreiro de 2017

Arrinca o programa #UpDatePeme para reducir a fenda dixital nas empresas galegas

Amtega inaugurará este novo programa cunha sesión dedicada ao sector turístico o próximo 23 de febreiro Co obxectivo de reducir a brecha entre a tecnoloxía existente […]
14 de Novembro de 2016

Encontros informativos do programa Reacciona-TIC para as pemes galegas

O Igape e AMTEGA veñen de abrir a primeira convocatoria para a solicitude de servizos do programa Reacciona-TIC. A través dunha serie de xornadas que se desenvolven […]
11 de Decembro de 2014

Santiago acoge el 18 de diciembre la jornada "Retos y Oportunidades tecnológicas para el sector turístico"

Promovida por AMTEGA, en colaboración con la Axencia de Turismo de Galicia, el Clúster de Turismo y el Clúster TIC, la inscripción, de carácter gratuito, ya […]
05 de Decembro de 2014

AMTEGA organiza una jornada sobre retos y oportunidades TIC para el sector turístico

Esta actividad, que tendrá lugar el próximo 18 de diciembre en la Cidade da Cultura de Galicia, servirá como punto de encuentro entre el sector tecnológico […]