Termatalia

A Fundación Expourense fixo balance das súas actividades en 2018, ano no que os eventos e competicións deportivas celebrados no recinto feiral ourensán recibiron máis de 113.000 visitas.

A presentación da memoria coincide coa xubilación de Alejandro Rubín, que abandona a xerencia da Fundación

A internacionalización e a diversificación de usos foron os eixos de funcionamento de Expourense durante o ano pasado, segundo recóllese na memoria que a Fundación presentou esta semana, coincidindo co final da xerencia da alma mater de Expourense, Alejandro Rubín, ao xubilarse. Durante 2018 Expourense celebrou 13 feiras, que reuniron a máis de mil expositores de 38 países distintos. Tres delas (Xantar, Termatalia e Funergal) con carácter internacional, é dicir, a metade das citas internacionais que se celebraron en Galicia o ano pasado estiveron organizadas pola Fundación. O recinto feiral ourensán acolleu ao longo do ano un total de 17 eventos e 15 competicións deportivas, que congregaron a máis de 113.000 persoas. Uns datos que converten a Expourense nun dos recintos feirais de referencia de Galicia? como centro de negocios e de internacionalización que impulsa a actividade económica ourensá.

No balance de ano, Rubín tamén destacou as obras realizadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a actividade feiral e favorecer a multifuncionalidad do recinto, cabe lembrar que o ano pasado foi o primeiro completo en que estivo en funcionamento a pista de atletismo cuberta. Entre outras actuacións, instalouse diverso equipamento de imaxe e proxección e mellorouse a eficiencia enerxética das instalacións.

Retos de futuro

De face ao futuro, Alejandro Rubín apostou por seguir tres camiños: ?temos eventos consolidados únicos, mantengámolos; temos a posiblidad de crecer deportivamente e temos que traballar no turismo de incentivos?. Un futuro que continuará adiante pero coa substitución á fronte da dirección, xa que a alma mater de Expourense xubílase este mes de marzo. Tras 20 anos de traballo e de internacionalización de feiras como Xantar ou Termatalia, Rubín conseguiu converter este espazo de exposicións en polo de atracción de encontros profesionais tanto a nivel nacional como internacional, creando lazos especialmente sólidos con Sudamérica.

Durante este tempo, Rubín compatibilizou o seu cargo como xerente de Expourense coa presidencia da Asociación Galega de Feiras e Eventos, e recibiu recoñecementos como o de Destacado Director de Institución Feiral do ano 2017, sendo valorado polos seus colegas como unha referencia indiscutible no sector.

29 de Marzo de 2019

Expourense organizou a metade das feiras internacionais celebradas en Galicia

A Fundación Expourense fixo balance das súas actividades en 2018, ano no que os eventos e competicións deportivas celebrados no recinto feiral ourensán recibiron máis de […]
19 de Marzo de 2019

Termatalia presentouse na Feira Internacional de Turismo BTL de Lisboa

A caseta de Turismo Porto e Norte acolleu a presentación na Feira Internacional de Turismo de Portugal, a BTL de Lisboa, da próxima edición da Feira […]
26 de Xaneiro de 2019

Lanzamento da próxima edición de Termatalia

Tras a celebración da súa cuarta edición en América Latina, Termatalia Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, regresa en 2019 a Ourense (Galicia-España) convertida […]
10 de Outubro de 2018

Termatalia colabora co 5º Estudo Internacional elaborado polo Observatorio de Turismo de Saúde, Benestar e Spa (TOHWS)

O informe elaborado a nivel internacional en colaboración con entidades do sector de todo o Mundo conclúe que os recursos natural e culturais seguen representando o […]