A crise sanitaria ha trastornado o calendario de accións tamén nas rutas dos viños galegos e obrígalles a adaptarse ás novas circunstancias. Este sábado, por exemplo, celébrase o día do #MovimientoVinoDO que vén conmemorando desde fai catro anos para reivindicar os viños amparados baixo denominacións de orixe. Ante a imposibilidade de facer este brinde persoal, o D.O Ribeira Sacra propón facelo de forma virtual a través dun concurso co que o D.O nos convida a enviar fotos brindando con viño do D.O. Ribeira Sacra para difundilas nas redes cos hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS e así pór en valor o traballo dos nosos viticultores e adegueiros. As 3 fotos máis votadas entre o 9 e o 13 de maio recibirán premios para gozar nos establecementos da Ribeira Sacra (visitas guiadas, comidas ou noites de hotel) que farán gozar aos seus autores das riquezas da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, cando sexa posible. Para participar só hai que enviar unha foto por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47 entre o día 6 e as 00.00 do día 13 de maio.
Seminarios en liña
Pola súa banda a Ruta do Viño Rías Baixas decidiu pór en marcha dous seminarios de formación online a través da plataformaWine Tourism School, que permitirá ofrecer dúas charlas cofinanciadas cunha liña de axudas da Deputación de Pontevedra. O primeiro seminario servirá para abordar os posibles escenarios que nos deixa esta crise sanitaria e terá lugar o 11 de maio ás 12 horas a cargo dos co-fundadores de Wine Tourism School, David Mora, Manuel Romero,, de Dinamiza e Fernando Redondo, director de AC+ Consultores.
O segundo seminario terá lugar o 14 de maio ás 12 horas ao redor das medidas necesarias no ámbito hixiénico-sanitario e de seguridade para que apliquen as adegas unha vez que poidan renovar a súa actividade enoturística. De novo os co-fundadores de Wine Tourism School dirixirán esta charla que se centrará nos aspectos máis técnicos das medidas para facer fronte á crise do coronavirus.