Baiona foi a última parada da “Ruta Presume de Galicia”, unha campaña impulsada polo Clúster Turismo de Galicia durante o mes de agosto en Galicia co obxectivo de converter en embaixadores da marca Galicia aos nosos visitantes e veciños. En total foron dez emprazamentos turísticos no catro provincias os que recibiron a visita de Presume de Galicia durante este mes de agosto, tempo no que se conseguiu incrementar notablemente o número de presumidores con máis de 500 rexistros e máis case 600 fotografías novas, nas que aparecen máis de 1500 persoas fotografíadas. Ademais, conseguiuse tamén incrementar o recoñecemento da marca Presume de Galicia, cumprindo así os obxectivos da campaña.
O acto de clausura da campaña contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen estivo acompañada do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves así como do alcalde de Baiona, Anxo Rodal, concelleiros e representantes do sector turístico de Baiona e da provincia de Pontevedra.
Pola súa banda, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, mostrou o seu agradecemento a todas as persoas que participaron na promoción durante este mes e ás institucións e concellos que colaboraron para facer posible a primeira Ruta Presume de Galicia. “Era a primeira ocasión na que sacabamos a iniciativa Presume de Galicia á rúa e os resultados foron moi satisfactorios, habemos incrementando usuarios na web e nas redes sociais, participantes na comunidade e visibilidade para a marca que busca promocionar o Destino Galicia”.
Presume de Galicia continuará funcionando na web e nas súas redes sociais, animando a todo o que así o queira a subir unha fotografía “presumindo de Galicia” á a web www.presumedegalicia.com para converterse así nun “presumidor” de Galicia e optar a gañar premios. A comunidade virtual conta xa con máis de 200 mil seguidores nas diferentes redes sociais ao longo dos seus dous anos de existencia e conta xa con máis de 3000 fotos, 500 das cales se subiron desde o comezo da Ruta Presume de Galicia.