Q de Calidad

O presidente da Xunta que presidiu o acto de entrega dos diplomas Q de Calidade Turística 2018 felicitou ao sector pola súa permanente expansión e renovación

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a entrega dos diplomas acreditativos das Q de Calidade que Galicia obtivo en 2018. En total son 282 distincións que sitúan ao noso territorio como o segundo en número destas acreditacións de calidade e o primeiro da España Verde. Un éxito que se traduce na chegada de 4,8 millóns de visitantes no ano 2018, no incremento da estadía media e tamén no gasto; e que se verifica, así mesmo, no Camiño de Santiago que superou os 320.000 peregrinos en 2018 e diversifícase polos diferentes itinerarios.

Por todo iso o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo felicitou ao sector polo seu alto nivel de hospitalidade e pola súa aposta pola desestacionalización, como reflicten os datos publicados polo INE sobre aloxamento hostaleiro, que indican que 6 de cada 10 turistas que chegan a Galicia fano fóra do verán. Así, no mes de febreiro vendéronse na Comunidade máis de 330.000 noites, un 2% máis que en febreiro do pasado ano.

Un territorio que sabe aproveitar o valor da paisaxe, como proba o feito de que das 6 empresas españolas de turismo activo con Q de Calidade, 4 sexan galegas; ou que a Autonomía galega sexa líder en España en portos deportivos certificados coa Q de calidade e, tamén, en aloxamentos rurais e no turismo industrial que inclúe as adegas. No ámbito termal, resaltou que Galicia se sitúa como a segunda potencia europea, concentrando ademais preto do 20% dos hoteis españois coa certificación de calidade. Só é superada polo País Vasco en axencias de viaxe certificadas e ocupa o segundo posto nacional en servizos de restauración coa Q de calidade.

25 de Marzo de 2019

A entrega das 282 Q de Calidade sitúan a Galicia como o segundo territorio con maior número destas distincións e o primeiro da España Verde

O presidente da Xunta que presidiu o acto de entrega dos diplomas Q de Calidade Turística 2018 felicitou ao sector pola súa permanente expansión e renovación […]
03 de Agosto de 2018

Aberto prazo para solicitar axudas para a implantación da Q de Calidade Turística

O Diario Oficial de Galicia recoje a resolución do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime […]
24 de Maio de 2016

Núñez Feijóo destaca o peso do sector turístico no conxunto da economía galego como “un dos alicerces básicos do edificio empresarial de Galicia”

O presidente da Xunta clausurou o acto de entrega das 274 Q de Calidade que Galicia acada en 2016, seis máis que o ano pasado “Sodes o […]
25 de Outubro de 2015

Más de 500 profesionales se dan cita en el III Congreso Internacional de Calidad Turística en A Coruña

Del 28 al 30 de octubre Palexco acoge este encuentro que reúne a los máximos exponentes del sector turístico mundial para debatir sobre la importancia de […]