promoción turística

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) aproveita a celebración da Volta Ciclista a España para facer promoción da provincia lucense a través dunha caseta situada na zona VIP de todas as saídas de etapa da 71º edición desta competición.

O posto de … E para comer, Lugo está presente en todas as saídas de etapa, e desenvolveu actividades especiais como showcookings e participación de hostaleiros lucenses, coincidindo coas primeiras etapas da competición, que pasaron por Galicia. Estas accións, que inclúen degustacións de produtos autóctonos facilitados de maneira altruísta polos consellos reguladores da DO Ribeira Sacra, IGP Tenreira Galega, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo do Cebreiro, IGP Pataca de Galicia, IGP Castaña de Galicia, IGP Grelos de Galicia, IGP Pemento de Mougán, IGP Mel de Galicia, IGP Fabas de Lourenzá e Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como por Avimós, Asovega, Armadores de Burela, Galletas Daveiga e Afapán, continuarán até a finalización da Volta, o 11 de setembro. Ademais, distribuiranse exemplares da nova guía … E para comer, Lugo.

A iniciativa, que este ano conta coa colaboración da Deputación de Lugo, está a ter moi boa acogedia en torno ao público, segundo palabras do presidente da Asociación, Cheché Real, quen ademais cre que a caseta está a axudar a fomentar o turismo en Lugo e a provincia.

30 de Agosto de 2016

A APEHL promociona o turismo en Lugo a través da Volta

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) aproveita a celebración da Volta Ciclista a España para facer […]
04 de Agosto de 2016

Clúster Turismo de Galicia lanza unha campaña para presumir de Galicia

A web e webapp de Presume de Galicia nacen coa intención de mostrar a comunidade a partir das achegas de centenares de experiencias en primeira persoa […]
21 de Xuño de 2016

Turismo de Galicia lanza a súa campaña de verán centrada nas experiencias do turista

Co obxectivo de seguir traballando para conseguir o cinco millóns de visitante en Galicia en 2016, Turismo de Galicia lanzou a súa campaña de verán para […]
19 de Novembro de 2015

Nace a marca turística A Ría da Estrela para promover os recursos da ría Muros-Noia

Co obxectivo de potenciar a área da ría Muros-Noia, os concellos desta área agrupados na Asociación de Desarrollo Rural Ría Muros-Noia, en colaboración con Turismo de […]